Mai 012008
 

Celebrouse en Santiago a fase final da oitava edición do Tíralle da Lingua. Desde as dez da mañá os rapaces e rapazas participantes puideron defender a súa historia nun acto conducido por Lucía Aldao.

Os gañadores da primeira categoría (alumnado de primaria) foron Aaron Riadas Lahuerta do Colexio Inmaculada de Santa Comba (1º Premio) e Carina Torrado Mouzo do CEIP Os Muíños de Muxía (2º Premio). Da segunda categoría (1º ciclo de ESO) resultou gañador Guillermo Proupin do IES Rosalía de Castro. Na terceira categoría (2º ciclo de ESO e Bacharelatos) os gañadores foron Antía Costas do IES Rosalía de Castro (1º Premio) e Enrique Astral Otero do IES de Pontecarreira (2ª Premio).

 Posted by at 10:28

Sorry, the comment form is closed at this time.