Mar 072009
 

As promesas do PPdG durante a campaña electoral e as actuacións levadas a cabo durante a precampaña fan que, novamente, o tema da lingua se sitúe en primeira liña de fogo, nunha batalla sen fin e nun momento en que todos os indicadores de uso e todas as comprobacións sobre o cumprimento da lexislación en materia lingüística coinciden en salientar a marxinalidade que o galego ocupa no sistema educativo. Por iso non resulta estraña a persistencia que o candidato a Presidente da Xunta de Galiza mostra ao anunciar que a primeira medida a tomar polo seu Goberno será a derrogación do Decreto 124/07 de uso e promoción da lingua galega no ensino, só para contentar unha mínima parte da poboación que vive instalada na fábula dunha hipotética imposición lingüística e do perigo en que estaría o español, recollendo así os presupostos ideolóxicos dun grupúsculo que se fai ver por contar cunha

Normal
0

false
false
false

GL
X-NONE
X-NONE


/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Táboa normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin-top:0cm;
mso-para-margin-right:0cm;
mso-para-margin-bottom:10.0pt;
mso-para-margin-left:0cm;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:11.0pt;
font-family:”Calibri”,”sans-serif”;
mso-ascii-font-family:Calibri;
mso-ascii-theme-font:minor-latin;
mso-hansi-font-family:Calibri;
mso-hansi-theme-font:minor-latin;}

Voz moi poderosa. Mais todos e todas sabemos que, mesmo aquel alumnado que recibe maioritariamente a docencia en galego, unha minoría insignificante, remata os estudos con máis competencia en español do que en galego e que a escola continúa a ser o espazo de desgaleguización que sempre foi, tal e como o proban as estatísticas que constatan como é maior o número de alumnado que entra no sistema falando en galego que o que sae falando na nosa lingua.

Resulta preocupante que o futuro Presidente de Galiza pretenda borrar un dos sinais de identidade máis visíbel que temos e un dos elementos de unión do galeguismo desde o século XIX. O noso idioma, sinal fundamental de identidade, é usado cada vez menos. Isto resulta indiscutíbel. Daí que só desde posicións que perseguen a súa desaparición se poda entender que a única lexislación existente que vela pola súa normalización se abandone á lei do máis forte, á lei da libre competencia, sobre todo se temos en conta que esta lexislación non aspira a que a nosa lingua pase do 50% das materias.
O Parlamento galego aprobou por unanimidade, tendo como agora o PP maioría absoluta, co voto favorábel de Núñez Feijoo como parlamentario e vicepresidente da Xunta nese momento, o Plano de Normalización Lingüística que recolle nas medidas 2.1.26 á 2.1.30 que “como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego” Por iso, só desde unha perspectiva de pouco respecto pola nosa lingua e claramente antigalega, por máis que o señor Feijoo manifeste que “ama profundamente” o galego se pode ver como un demérito a presenza da nosa lingua no sistema educativo, a non ser que se pretenda a súa desaparición. Parece obvio que á lingua galega, á cultura galega en xeral, non lle convén un amante como o Sr. Núñez Feijoo

 Posted by at 10:52

Sorry, the comment form is closed at this time.