Abr 272009
 

Así se nomeaban as xeiras sobre a lingua galega que organizaron as rapazas e os rapaces dos Comités na Universidade de Vigo desde o 15 ao 17 de abril. Correspondeume falar de lingua e literatura o día 16 e foi un acto tan axeitado, tan necesario que quero felicitalos desde aquí e pedirlles que sigan por este camiño de futuro.
Cando comecei a miña intervención rescatei da memoria as vivencias de 25 anos atrás, cando a UVI non era universidade e unha cuadrilla de toliños demos en pór en marcha os Comités Abertos de Estudantes (CAE). Antes do 84 xa estaba a cousa algo revolta, peches en Filoloxía Xermánica por mor das inxustizas pedagóxicas, asembleas e mobilizacións para acelerar a democratización do Colexio Universitario, ou sexa, da Universidade de Santiago daquela. E cando eu cheguei a cousa seguía, e fixemos actos en prol da lingua, aínda conservo unha pegata do ano 87, “Pola normalización lingüística. Non teñas medo, fala galego”.
Xa lles dixen que nós eramos español falantes, mozas e mozos eivados pola ditadura de herdar a nosa lingua, mais algo bulía en nós, nacía a conciencia e nos actos públicos expresabámonos en galego, malia non ser aínda a nosa lingua habitual. Despois a maioría pasamos a ser monolingues en galego. Foi a miña maneira de dicirlle a unha sala chea de mozos e mozas que hai futuro, porque xa o houbo. De unirme ás palabras de Xabier Docampo que puxo o acento na súa responsabilidade: “agora tócavos a vós manter vivo o idioma”. E así é, eles e elas tamén o sabían, por iso foi un encontro feliz.
É a súa responsabilidade e o noso compromiso, contan con nós. Parabéns rapazas, rapaces.

 Posted by at 16:10
Abr 272009
 

Asistín no fin de semana, como cada ano desde hai dezanove, ás Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-ensino e a AS-PG, xornadas que tanto teñen contribuído na nosa formación, quer polas propostas e experiencias didácticas que se teñen presentado como polos debates que en temas de normalización lingüística ten habido.
Este ano, na tarde do sábado e con 250 persoas presentes, desenvolveuse un debate entre representantes do PP, PSOE e BNG sobre o Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino.
As persoas presentes puidemos comprobar como as análises que o PP fai da situación lingüística actual  só teñen como fundamento os muíños de vento da imposición e da liberdade de elección de lingua prometendo levar a cabo unha serie de medidas que son pedagoxicamente insostíbeis, legalmente discutíbeis e economicamente inviábeis, mais que no fondo teñen como finalidade un obxectivo único: advertir que en materia de normalización lingüística o PP non está disposto a consentir ningunha recuperación de usos e de espazos para o galego. NINGUNHA.  Pois se así non for, non é entendíbel que retiren o seu apoio ao único decreto negociado entre todas as forzas políticas desde que existe o Parlamento Galego e co que o PP estivo de acordo até o día anterior á súa publicación no DOG. Se así non for, non se entende que no programa electoral das derradeiras eleccións só figuren medidas concretas de carácter derrogatorio e ningunha medida concreta, só ambigüidades xenéricas, de tipo promocional para o galego. Se así non for, non se entende que continúen argumentando que o decreto non se axusta a dereito cando xa o Tribunal Superior de Xustiza asegurou a súa plena validez xurídica.
A profesora García Negro ten comparado a situación do galego coa dun doente ao que se lle fan todas as probas, todas as diagnoses e, coñecida a doenza, logo non se lle administran os medicamentos. Se continuarmos con este símil, o Decreto 124/2007 non representa máis que o comezo dunha medicación nada agresiva, case me atrevería a dicir que de efecto placebo, no tratamento dunha doenza crónica, nun paciente que non tivo a posibilidade de comprobar a efectividade e os resultados desa insuficiente dose e, desde logo, ningún especialista observou os efectos secundarios de deslocamento do español da súa posición predominante como lingua do sistema educativo. Non se tendo producido pois avanzos na saúde do paciente, non é admisible que o PP fale de retirar esa pequena dose de medicamento nunha parte tan importante para o galego como é o sistema educativo.
Mais fronte á medicina legal e oficial, aínda nos queda a medicina popular, a tradicional. Por iso, o 17 de maio, en Santiago, temos ocasión de administrar unha inmensa cantidade de medicina popular no corpo do galego. Acudamos.

Xoán Costa Casas

Normal
0
21

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

<!–
/* Style Definitions */
p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal
{mso-style-parent:"";
margin:0cm;
margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:12.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-fareast-font-family:"Times New Roman";}
@page Section1
{size:595.3pt 841.9pt;
margin:70.85pt 3.0cm 70.85pt 3.0cm;
mso-header-margin:35.4pt;
mso-footer-margin:35.4pt;
mso-paper-source:0;}
div.Section1
{page:SectPP e política lingüística
Asistín no fin de semana, como cada ano desde hai dezanove, ás Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-ensino e a AS-PG, xornadas que tanto teñen contribuído na nosa formación, quer polas propostas e experiencias didácticas que se teñen presentado como polos debates que en temas de normalización lingüística ten habido.
Este ano, na tarde do sábado e con 250 persoas presentes, desenvolveuse un debate entre representantes do PP, PSOE e BNG sobre o Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino.
As persoas presentes puidemos comprobar como as análises que o PP fai da situación lingüística actual  só teñen como fundamento os muíños de vento da imposición e da liberdade de elección de lingua prometendo levar a cabo unha serie de medidas que son pedagoxicamente insostíbeis, legalmente discutíbeis e economicamente inviábeis, mais que no fondo teñen como finalidade un obxectivo único: advertir que en materia de normalización lingüística o PP non está disposto a consentir ningunha recuperación de usos e de espazos para o galego. NINGUNHA.  Pois se así non for, non é entendíbel que retiren o seu apoio ao único decreto negociado entre todas as forzas políticas desde que existe o Parlamento Galego e co que o PP estivo de acordo até o día anterior á súa publicación no DOG. Se así non for, non se entende que no programa electoral das derradeiras eleccións só figuren medidas concretas de carácter derrogatorio e ningunha medida concreta, só ambigüidades xenéricas, de tipo promocional para o galego. Se así non for, non se entende que continúen argumentando que o decreto non se axusta a dereito cando xa o Tribunal Superior de Xustiza asegurou a súa plena validez xurídica.
A profesora García Negro ten comparado a situación do galego coa dun doente ao que se lle fan todas as probas, todas as diagnoses e, coñecida a doenza, logo non se lle administran os medicamentos. Se continuarmos con este símil, o Decreto 124/2007 non representa máis que o comezo dunha medicación nada agresiva, case me atrevería a dicir que de efecto placebo, no tratamento dunha doenza crónica, nun paciente que non tivo a posibilidade de comprobar a efectividade e os resultados desa insuficiente dose e, desde logo, ningún especialista observou os efectos secundarios de deslocamento do español da súa posición predominante como lingua do sistema educativo. Non se tendo producido pois avanzos na saúde do paciente, non é admisible que o PP fale de retirar esa pequena dose de medicamento nunha parte tan importante para o galego como é o sistema educativo.
Mais fronte á medicina legal e oficial, aínda nos queda a medicina popular, a tradicional. Por iso, o 17 de maio, en Santiago, temos ocasión de administrar unha inmensa cantidade de medicina popular no corpo do galego. Acudamos.
PP e política lingüística
Asistín no fin de semana, como cada ano desde hai dezanove, ás Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-ensino e a AS-PG, xornadas que tanto teñen contribuído na nosa formación, quer polas propostas e experiencias didácticas que se teñen presentado como polos debates que en temas de normalización lingüística ten habido.
Este ano, na tarde do sábado e con 250 persoas presentes, desenvolveuse un debate entre representantes do PP, PSOE e BNG sobre o Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino.
As persoas presentes puidemos comprobar como as análises que o PP fai da situación lingüística actual  só teñen como fundamento os muíños de vento da imposición e da liberdade de elección de lingua prometendo levar a cabo unha serie de medidas que son pedagoxicamente insostíbeis, legalmente discutíbeis e economicamente inviábeis, mais que no fondo teñen como finalidade un obxectivo único: advertir que en materia de normalización lingüística o PP non está disposto a consentir ningunha recuperación de usos e de espazos para o galego. NINGUNHA.  Pois se así non for, non é entendíbel que retiren o seu apoio ao único decreto negociado entre todas as forzas políticas desde que existe o Parlamento Galego e co que o PP estivo de acordo até o día anterior á súa publicación no DOG. Se así non for, non se entende que no programa electoral das derradeiras eleccións só figuren medidas concretas de carácter derrogatorio e ningunha medida concreta, só ambigüidades xenéricas, de tipo promocional para o galego. Se así non for, non se entende que continúen argumentando que o decreto non se axusta a dereito cando xa o Tribunal Superior de Xustiza asegurou a súa plena validez xurídica.
A profesora García Negro ten comparado a situación do galego coa dun doente ao que se lle fan todas as probas, todas as diagnoses e, coñecida a doenza, logo non se lle administran os medicamentos. Se continuarmos con este símil, o Decreto 124/2007 non representa máis que o comezo dunha medicación nada agresiva, case me atrevería a dicir que de efecto placebo, no tratamento dunha doenza crónica, nun paciente que non tivo a posibilidade de comprobar a efectividade e os resultados desa insuficiente dose e, desde logo, ningún especialista observou os efectos secundarios de deslocamento do español da súa posición predominante como lingua do sistema educativo. Non se tendo producido pois avanzos na saúde do paciente, non é admisible que o PP fale de retirar esa pequena dose de medicamento nunha parte tan importante para o galego como é o sistema educativo.
Mais fronte á medicina legal e oficial, aínda nos queda a medicina popular, a tradicional. Por iso, o 17 de maio, en Santiago, temos ocasión de administrar unha inmensa cantidade de medicina popular no corpo do galego. Acudamos.

 Posted by at 10:18
Abr 252009
 

Lembraba Murguía nun seu artigo xornalístico do 23 de abril de 1885 como vivira, sendo neno, os ecos en Compostela da batalla librada nos seus arredores entre bandos militares ese mesmo día de 1846. A posterior ocupación da cidade, coas escaramuzas e as descargas consecuentes, sofrimento  e horror da guerra, soldados caidos entre xemidos, durou dúas horas. Ao final todo era tristeza e silencio entre a poboación, indiferente a quen era o vencedor e o vencido.
Nunca lle gostou a Murguía mesturar os ideais civís, especificamente os de redención de Galiza, cos levantamentos militares, por moito que foren de signo progresista. Anos máis tarde, de forma explícita Castelao, no seu  Sempre en Galiza, advírtenos de que a revolución galega de 1846, xestada na hostilidade contra os gobernos centralistas, fracasara “por xunguirse a unha subversión militar (alentada por un príncipe da casa reinante) que acabou en traxedia cos fusilamentos de Carral”.
Por suposto significou tamén o exilio, a expatriación para moitos dos mozos e mozas, como Antolín Faraldo ou Francisco Añón, que viran, naquel momento, unha oportunidade para organizar unha corrente social favorábel a erguer o noso país da humillación e do abatimento. O manifesto revolucionario afirmaba que Galiza era unha colonia da corte madrileña e remataba: “Que a espada de Galiza faga inclinar unha soia vez a balanza en que se pesan os destinos de Hespaña”.
Sen dúbida estamos perante a primeira xeración pre-nacionalista, a de 1846, caracterizada por un progresismo que bebía xa na fonte da democracia, a república, o socialismo utópico, con grande peso do cristianismo evanxélico (Fourier), e mesmo o feminismo. Unha sociedade, con forte politización, a Academia Literaria, en Santiago, era o  centro de debate, por certo moi ao día, como o estaban os xornais desta  tendencia provincialista,  “El Porvenir” ou “La  Aurora de Galicia” .
O seu pre-nacionalismo abalaba entre a revalorización do antigo reino, a consideración de Galiza como provincia única, como patria ou como nación ou nacionalidade. Teño para min que, ás veces, o noso intento de rigor, de non proxectar sobre o pasado as concepcións ideolóxicas actuais, a nosa mentalidade, a nosa teoría, a nosa práctica, contribúe a reducir  a consciencia teórica e mesmo a intencionalidade dalgúns dos nosos devanceiros. Quen era realmente Antolín Faraldo, mozo fogoso, profeta incomprendido para o seu tempo, segundo Murguía?
Que o movemento fose minoritario e inzado de ambigüidade na acción, non invalida a clareza dos conceptos (o pensamento)  que, nalgúns casos, se utilizan. En todo caso, o nacionalismo sempre considerou que esta xeración  iniciaba a “boa nova”. Antolín Faraldo era considerado un “precursor” por Murguía. A xeración de 1856, a do Banquete de Conxo, a de Pondal e Rosalía, e a posterior de Curros, pensábanse como parte dun elo, en certa maneira, entón iniciado. A prensa galeguista non deixou nunca de evocar os mártires de Carral, militares fusilados, nen os homes conscientemente galegos exiliados e perseguidos.
Os partidos demócratas e republicanos  españois comezaron conmemorando a data do 26 de abril de 1846, subliñando o seu carácter de pronunciamento pola liberdade na España. Sempre esqueceron o seu compoñente provincialista, pre-nacionalista. Acabaron por retirala tamén do altar das súas devocións, pois non era un suceso da súa centralidade.
Hai sucesos represivos máis recentes, de grande impacto para a consecución da liberdade na España, que afortunadamente seguirán na memoria do noso pobo, por nós consideralos centrais.

 Posted by at 23:49
Abr 212009
 

Comezou mal Núñez Feijóo. Non só por non explicitar compromisos de ningunha caste á hora de enfrontar a situación de crise económica que padece Galiza, ou mesmo pola ausencia dun programa merecente de tal nome que fundamentase a súa investidura como Presidente. Non foi só iso. É máis: O problema non foi o que non dixo, senón o que dixo.

Pois efectivamente, foi congruente coa defensa activa desa conceición ideolóxica franquista (aquilo de "non vos metades en política" ), cando se referiu aos "estériles antagonismos ideolóxicos", dos que di pretender rematar no debate político. Se cadra, gostaría de reconverter o Parlamento nun Balneario. Contodo, si defendeu, e sen complexos, principios ideolóxicos -os seus e os do PP- moi clariños e, por certo, ben agresivos co pobo galego.

Por exemplo, en relación coa lingua galega. Semella vincular o seu uso e estatus legal coa caracterización que fixo da nosa nación, Galiza, en dúas ocasións ao longo do seu discurso. A primeira, non excesivamente brillante nin imaxinativa: "Galicia é o que é". Magnífica descrición, porque certamente é así, e o que é, é, e non é doutro xeito. Na segunda, menos afortunada, proclamou a Galiza nada menos que como "esquina de Occidente", que honestamente nos lembra tempos dun rexime político que consideraba a Galiza como "rinconcito verde" e a España como "faro y guía de Occidente". E así, en coerencia con estes principios, tan modernos e actuais, dálle nome á política lingüística que pretende impulsar: AMABILIDADE LINGÜÍSTICA.

Mais vexamos en que consiste a elegante denominación de "amabilidade lingüística" para este home. En esencia, "rematar cos radicalismos e os maximalismos lingüísticos", coa "imposición do galego" (sic) e, daquela, derrogar o Decreto de uso do galego no ensino e suprimir as Galescolas. Velaí a folla de rota a curto prazo.

Vaia, que hai que ser amábel. Así que xa sabedes: a próxima vez que despidan un traballador por falar en galego, nada de protestar nin denunciar: cun amábel sorriso e cun agradecemento pola paciencia, se resolve o problema. Que na Universidade de Vigo o 90% das aulas son en español? Non pasa nada, calamos ?cortésmente- e achantamos, que para iso defendemos o bilingüismo cordial. Que na xustiza ou na sanidade o galego apenas existe? Botémoslle unha pinga de dozura, mais non reclamemos os nosos dereitos: sería impoñer. E iso si que non. Amabilidade, amigos, xentileza. Que sigamos a perder falantes, que aniquilen o noso idioma, porque os maximalistas somos nós. Debe ser o primeiro caso na historia da humanidade.

Ese é o modelo, descrito sen ambiguidades por Núñez Feijóo. A eliminación, o exterminio do noso idioma, a nosa anulación como pobo diferenciado. Ou noutras palabras, que rescato na súa literalidade do seu discurso, volver á "cordialidade lingüística que sempre existiu en Galicia". Aí é onde queren ir. Cando o galego non era problema, simplesmente porque se proibía e se reprimía. O paradigma a seguir. O próximo 17 de Maio, da man da Mesa pola Normalización Lingüística, teremos a oportunidade de demostrar que somos moitos milleiros os que non nos resignamos a eses designios imperiais, os que aspiramos a un outro futuro, digno, para a nosa lingua e a nosa nación.

 Posted by at 00:00
Abr 192009
 

Máis unha vez acompañei uns amigos, nestes caso portugueses, aproveitando a súa estadía en Ferrol, nun percorrido polos seus arredores. Sempre teño a certeza de que os meus acompañantes van entender con esta visión os problemas que temos como sociedade e como pobo. Mesmo resulta unha oportunidade para resumirlles, de forma sintética, a nosa evolución histórica, a da Galiza. Malia o meu entusiasmo catequético, sen dúbida vinculado á experiencia vital que deriva dunha infancia e dunha pubertade apegada a esta realidade empírica, pretendo non pecar de localismo, un mal tan frecuente. Moito menos en imitar ese ferrolanismo tradicional, expresión dun españolismo de baixe intensidade, mais tan inútil e desorientador como o de calquera perspectiva madrileña paternalista sobre o noso país.

Xa na Segunda República, o deputado nacionalista, Suárez Pícallo, batallaba para Ferrol, cidade sempre condicionada  e ao servizo do Ministerio de Defensa español, non ser esquecida, abandonada, nos momentos de crise económica. Denunciaba  naquel entón Ramón, un galego de Sada, antes emigrante, a ameaza de despido para 2000 traballadores da Construtora Naval, empresa privada que vivía dos contratos coa Mariña, dedicada á construción de buques de guerra. Vía ilóxico, desleal e displicente que o Estado condicionase absolutamente todo na comarca, sen responsabilizarse de nada. Contemplando desde o mirador de antiga Capitanía Xeral o enorme espazo do arsenal sen actividade, sen vida, as liñas de atraque sen a penas barcos de guerra, tampouco mercantes na parte civil, os meus amigos pasmaban admirados tanto da magnitude da infraestrutura encerrada con murallas como da impresionante factura de seus edificios nobres.

Hoxe, no noso tempo, é tema tan recorrente como indignante o debate sobre a necesidade de recuperar para a actividade da construción naval civil un estaleiro  como a antiga ASTANO. O seu grande guindastre estático, solemne, paralizado, lémbranos todos os días a irracionalidade económica máis espantosa, a pasividade máis antisocial, ditadas  por intereses políticos que nada teñen nada a ver co pobo galego. Infelizmente, só o nacionalismo está empeñado no obxectivo da súa recuperación, consciente de que é un dos poucos  grandes sectores industriais, aínda non transnacionalizados, nos que podemos ter vantaxes comparativas. Se se fixer ben a historia da denominada reconversión do sector naval público, daría para evidenciar o penoso colaboracionismo interior, non exento da debida dose de cinismo confusionista, que praticaron, e aínda pratican, as sucursais dos sindicatos e partidos españois.

En Monteventoso, os meus amigos tiraron unha foto co pano de fondo dunha perspectiva costeira máis restrita da que os nosos ollos podían contemplar, a praia e a lagoa de Doniños, a illa Gabeira, San Xurxo, cabo Prior e Covas. Pero ás nosas costas ficaban A Marola, a cidade da Coruña coa torre de Hércules, e todo o litoral até as illas Sisargas, como mínimo. Ao noso pé, o cabo Prioriño, rebautizado pola insolente man colonizadora da Autoridade Portuaria como Prioriño Chico, seguramente para purificalo co ar dun chotis. Por que? Unha obra de “progreso”, o investimento máis grande de toda a historia democrática, foi a encargada de reducilo, mirralo e civilizalo: o porto exterior. Nen o menor balbordo ecoloxista perante o maior impacto ambiental, o maior atentado, contra o equilibrio do ecosistema da ría. Os amigos portugueses preguntaron que se ía facer co porto interior, que eles viron baleiro…

Como outras veces fiquei estantío  pensando, naquela paraxe privilexiada,  quen se ía preocupar de que non  continuase a afectación desta zona protexida. A miña irritación interior medrou lembrando como o Ministerio de Defensa, o Goberno de España, pretende vender en poxa pública Monteventoso por 350.000 euros, após retiralo dun Convenio, xa descompensadamente beneficioso para eles, asinado co Concello para o uso de zonas sen interese militar. Para escarnio, nunca pagaron  polos seus bens, e pretenden seguir sen facelo, o IBI.

Voltamos para a cidade. Era hora da palestra. Non daba para máis. Fiquei co profesor portugués, Luís Duarte, e co amigo, Fabio, en que habería máis ocasións. Atropelado, informeinos, como evocación doutra época histórica,  que viran un anaquiño da Galiza trastamárica, a que está ao norte do Tambre. Unha teima: canto nos descoñecemos os galegos e as galegas, canto descoñecemos a propria Galiza!

 Posted by at 10:56
Abr 182009
 

Cancións para Antía é un disco baseado en letras de Xosé Lois Seixo (agás dúas) interpretado polo propio autor como primeira voz, Xaquín Facal como 2º voz e que conta coa colaboración do Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia. O disco vai acompañado dunha proposta didáctica que abranxe as etapas educativas 0-3, 3-6 así como o primeiro e segundo ciclo de primaria e que estará dispoñíbel na nosa web a partir do 27 de abril na entrada RECURSOS > Aula virtual > Unidades didácticas >

BASES  DO CAMPIONATO

Participantes.

Poderán participar neste campionato todas as persoas que o desexen con independencia do seu lugar de residencia.  Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha de inscrición  que aparece na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com. O Campionato rexerase polas normas do Trivial.Gz. 
O Campionato desenvolverase entre o 1 e o 15 de maio de 2009. As datas de inscrición serán entre o 18 e o 30 de abril de 2009.
O nivel de dificultade será de 1 (baixo) e xogarase con 6 temas. Haberá tres temas obrigatorios (Música, Lingua e Literatura, Xeografía) para todos os concursantes debendo elixir cada xogador ou xogadora os tres restantes.
O tempo máximo para xogar o campionato será de 240 minutos. Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 24 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.
Premios.
Establécense 10 premios para os 10 primeiros primeiros clasificados. Cada un deles recibirá un disco de Cancións para Antía ademais do CD Arte Barroca ou o disco Os Soños na Gaiola, editados pola AS-PG.
Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo trivial.gz@as-pg.com para  solicitar o premio. As solicitudes deberán facerse antes do 31 de maio. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio.  A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.
 
 

 Posted by at 12:56
Abr 162009
 

SEMANA CATÓLICA

Guimarães, Largo da Oliveira, 6 da tarde. A un lado a igreja de Santa Maria de Oliveira, ao outro un local estraño do que sae a música a todo volume: “… primeiro de maio… unidade, unidade… unidade do povo contra o capital…”. É un local pequeno cheo de faixas reivindicativas: “… menos cruces…”, “Viva a revolução do 25 de avril”. É un local estreito, cunha vella porta aberta para que o son se faga dono da praza de enorme beleza, a un lado a igreja e o Padrão do Salado, ao outro os antigos Paços do Concelho, e tamén unha oliveira nova que quere lembrar á vella oliveira que verdeceu no mesmo momento en que se rematou o pórtico da igreja, no ano 1342. Ao oeste da vila medieval un reloxo canta as horas e remata os seus sinais cantando á virxe María. Até alí non chegan as cancións dos operarios, a iniciativa dun tolo que quere combater con música o omnipresente poder dos sinos e os rezos católicos.
    Onde queira que vaia unha igrexa, unha hermida… algo hai que constata este poder católico. Mesmo na serra do Barroso, nunha pequena aldea, as súas dúas ruelas están ornadas coas cruces do calvario colocadas para a ocasión, coas teas moradas ao vento, marcando o percurso que os seus moradores farán estes días revivindo a paixón de Cristo.
    Non sei como explicaría Marvin Harris estes detalles, mais que ninguén pense que isto é cousa de aldeas trasmontanas ou países arredados. Na porta da nosa casa, aquí mesmo, alguén participa da dor da morte de Xesús e deixa de comer carne mentres sisa para o seu lucro familiar da suba salarial que debería corresponder aos seus contratados. Algún se flaxela baixo o hábito morado, “anonimamente”, mentres lle esixe ás súas traballadoras xornadas de doce horas e prescinde dos seus servizos se cometen o erro de empreñar, el que se manifestou alporizado nas rúas contra a modificación da lei do aborto e non acepta na negociación do convenio ningunha medida que permita a conciliación da vida laboral e familiar.
    Podería entender este Vía Crucis de Atilhó no que seguramente traballaron as mulleres e os homes destas altas terras onde todos se coñecen e a pobreza do campo é o seu ben común, a facenda que posúen; que tal vez lle rezan a Santo Antonio polo temor a que as vacas enfermen ou a que non chova. Mais non podo aturar a hipocrisía desta sociedade que se manifesta católica e practica a máis feroz competencia, o trato máis inhumano, a individualismo máis radical. Nin podo entender que, a estas alturas, despois de Darwin e Marx, despois de Mao, esta sociedade siga estando dominada pola confesión católica, a performance das procesións de mantilla e o vestido estreado o domingo de Ramos, mentres o peixe fresco sobe de prezo e a televisión volve programar o lote de películas de Semana Santa, un diario suspende a entrega da colección de cine erótico ou nalgún canal vemos en directo as procesións que nos fan pasar como acervo cultural, motivo de visita turística, patrimonio… publicidade oficial e descarada en favor do poder da igrexa!.
    E aínda falamos do fanatismo dos outros!

    Que o materialismo nos ilumine!

 Posted by at 11:15
Abr 122009
 

Levamos un período de 32 anos cun réxime de monarquía parlamentar no Estado español. Foi produto dunha transición pactada co réxime franquista. O sucesor de Franco na xefatura do Estado, o príncipe Juan Carlos, convertido máis tarde en rei constitucional, foino por vontade do dictador. A lexitimidade democrática do actual réxime resultou así devida, non desde o inicio. Foi unha restauración monárquica, após 40 anos de franquismo, en parte conforme aos deseños de Franco. Na súa concepción histórica, a monarquía católica podía ser garante da unidade de España. Empataba tamén coa tradición que a consideraba consubstancial ás esencias da españolidade. Por suposto, esta visión xulgaba fondamente negativas a experiencia do Sexenio Revolucionario (1868-1874), que desembocou na Primeira República, após dunha monarquía constitucional, non borbónica, e, claro está, a Segunda (1931-1939). En ambos os casos, repelía a laicidade do Estado, a súa desacralización, e os perigos de desnaturalización, "desintegración" de España, latente no modelo de republicanismo federal, en versión anarquista ou en versión nacionalista. Nos dous contextos republicanos, os máis poderosos intrigaron axiña contra a democracia como arma social niveladora.

Non imos discutir sobre a lexitimidade democrática da actual monarquía. Con todo, non resulta moi democrático que a xefatura do Estado a asuma sempre o membro da mesma familia nobiliar, que se herde. É un residuo feudal. Se, a maiores, a tradición monárquica se identifica cos valores do catolicismo, unha relixión, e coa idea de España como única nación, para alén de ser conivente coas formas máis monopolistas do capitalismo, toparémonos cunha institución instrumental do bipartidismo, escorada sempre a posicións reaccionarias. Así foi na denominada pola historiografía española Restauración borbónica que abrangueu os vintecinco últimos anos do século XIX e trinta e un do XX, incluída a dictadura final de Primo de Rivera. Como se ve, un período máis grande de democracia bipartita, que e que a que levamos nesta Segunda Restauración. Certamente, a actual democracia ten os mesmos alicerces, integrando concesións como a descentralización a través do modelo do Estado das autonomías.

Parece, pois, que a forma máis natural de democracia é a da democracia republicana. Ten como consubstancial a laicidade, a desacralización, a soberanía popular sen excepcións, a separación de poderes. Porén, é unha condición necesaria, malia non ser suficiente para lograr unha democracia plena. Podemos constatar hoxe a existencia de réximes republicanos cun presidencialismo absoluto, cunha centralización absorbente, mesmo nada neutrais en materia de relixión ou moral. Depende, pois, de que República falemos. O poder económico-social que a sustente e lle dea lexitimidade é determinante. De ser un Estado plurinacional, o grao de integración e participación soberana das nacións na súa estrutura institucional, resulta crucial. Desde unha perspectiva galega, a reivindicación da Segunda República hai que facela, entre outros aspectos, como defensa da legalidade democrática fronte aos golpistas, da posibilidade de expresar a vontade do pobo galego naquel contexto. Recuperar a memoria e a dignidade é esencial contra a represión, a censura e o esquecemento. Máis non nos é posíbel a mitificación simplista: a Segunda República negouse a ser federal e só aceitou abrir procesos nunha dirección descentralizadora como concesión. A maioría dos seus políticos e intelectuais foron, sen dúbida, homes cultos e humanistas, pero xeralmente hostís coa reivindicación catalana, vasca ou galega. No noso caso, a reticencia foi maior, pois se xunguiu a un certo desprezo xa histórico.

O nacionalismo galego foi, de forma abafante, favorábel sempre a un réxime republicano. Xa en 1918, no Manifesto das Irmandades, albiscamos esta preferencia implícita, pois propuñan a integración con Portugal, naquel entón xa República, un dos seus principios básicos. É desexábel a deslexitimación social da monarquía española. Para ser realmente positiva, debe ir acompañada do avance a prol dunha nova lexitimidade democrática que se fundamente no valor da pluralidade nacional, cultural e lingüística , da laicidade, e da transformación do modelo económico social a favor das maiorías sociais. A simple substitución por unha República presidencialista e centralista só revitalizaría a vella orde con nova roupaxe.

 Posted by at 00:00
Abr 052009
 

Tres representantes das forzas políticas presentes no Parlamento Galego, exdeputados da Cámara, acoden recentemente a un programa de debate nunha televisión local de Compostela. Na conversa previa, sesión de maquillaxe, coinciden en que o impacto da actividade do parlamento autonómico na sociedade galega é excesivamente cativo. Para entendermos a dinámica da institución galega de representación democrática máis importante coa que contamos, hai que ter presente tres aspectos diferentes. Un deles é que tipo de autonomía política, que competencias legais ten o actual marco autonómico; outro é, como asumen este marco, con que intención, as distintas forzas políticas; o terceiro, como inciden os medios de comunicación na transmisión á sociedade da actividade parlamentar. A mestura dos tres explica o impacto e a avaliación do Parlamento Galego pola nosa sociedade.

O nacionalismo galego maioritario mantivo respeito do marco autonómico, a autonomía outorgada e, polo tanto, limitada, unha posición crítica, expresada mesmo co non no referendo do estatuto vixente. Sen dúbida, foi unha posición consecuente cunha estratexia ideolóxico-política, plasmada na defensa dunhas Bases Constitucionais para a Nación Galega, condición previa para articular un Estado confederal. Lembremos que eran os tempos da transición pactada. Naquel contexto político o nacionalismo non tiña presenza nas Cortes Xerais, a súa importancia electoral era testemuñal, malia a súa capacidade movilizadora. Estaba conformando unha base social con mínimos, pero claros, referentes ideolóxicos. Optouse por privilexiar o perfil, a alternativa propia, conscientes de que era a mellor maneira de crear unha dialéctica non confusionista e socialmente incisiva . Porén, nunca houbo dúbidas sobre a participación no novo marco político, a necesidade de conseguir representación nas institucións resultantes.

O Parlamento Galego constituído no Pazo de Xelmírez o 19 de decembro de 1981 contou coa presenza de tres deputados do Bloque-Psg. Non podía haber maior contradición entre o significado histórico e real do espazo elexido e a concepción dese Parlamento por parte de quen o hexemonizaba e controlaba, a dereita sucursalista española. Desde o público, querendo darlle ao acto un valor simbólico galego, en contraste co aplanado discurso oficial, a penas tres voces iniciaron ao final o canto do himno galego provocando o estupor e a incómoda parálise dos organizadores.

Moito choveu desde entón. Pero aínda estamos con himno galego cortado á metade, unhas veces, con versións aflamencadas, outras. Chegamos coa nova presidenta ao case esquecemento, axiña rectificado, dun xesto simbólico asumido de forma forzada, porque, xa se sabe, o himno da nación fainos cada xogada, tanta, que debemos aclarar a posteriori, en nota ad hoc, que quixemos dicer himno de Galicia, non vaia ser…O himno é un incordio, unha imposición, igual que aceitar que o pobo galego e a súa lingua deben existir, ter dereitos políticos. Non pensemos no Parlamento como lugar privilexiado para a súa expresión. Por certo, a maior parte dos deputados e deputadas, como a maior parte do público convidado, agora se ergue para escoitar, coa boca cerrada, o himno enlatado. A súa aparente solemnidade, o seu hieratismo, oculta, no mellor dos casos, que non o saben ou que non están dispostos a condescender con xestos simbólicos de intención tan perversa. Todo o máis, aceitar unha ficción momentánea, ou unha falsificación. Toda unha metáfora ou alegoría do que é para algúns a autonomía, dos límites do Parlamento Galego…

A maiores, xulguen como tratan os medios de comunicación a dinámica parlamentar galega, comezando pola RTVG, e comprenderán por que é un apéndice político residual, por que non é centro de atención da nosa sociedade. Con razón, ao rematar o programa televisivo, un dos exdeputados advertiume que, para o traballo de oposición que agora nos esperaba no Parlamento ter algo de incidencia, debía arrouparse socialmente fóra. Que non podía ficar acoutado ás catro paredes do Pazo do Hórreo.

 Posted by at 10:10
Abr 022009
 

A presidenta do Parlamento, Dona Pilar Rojo, mandou interpretar o himno nacional. Nada estraño, un feito habitual despois de finalizar un acto institucional tan importante como a constitución do novo Parlamento.

Eu, que considero que, efectivamente, Galiza é a miña nación e a de varios millóns de persoas máis, agradezo que Dna Pilar Rojo dixese esas palabras. Himno Nacional, porque iso é o que dixo, iso é a manifestación obxectivamente audíbel, o que toda a xente percebeu, o que non admite interpretacións. Se logo hai correccións ao que ela quixo dicir ou non quixo dicir xa pertence ao ámbito do subxectivo, do que non sucedeu, do que non ouvimos. Ignoro se Dna Pilar Rojo cre que Galiza é ou non é unha nación, mais hoxe, no exercicio das súas funcións como Presidenta do Parlamento, afirmou que o era. E iso é o que define a sesión de constitución do Parlamento. A constitución dun Parlamento nacional. Desde a presidencia do máximo órgano de representación democrática dos galegos e galegas afírmase que Galiza ten un himno nacional, e disto dedúcese que é unha Nación.

Somos moitas as persoas que estamos convencidas de que Galiza é unha nación. Partimos dese convencemento porque antes de nós millares de galegos e galegas demostraron coa súa práctica e desde todos os puntos de vista esa realidade que nós hoxe tamén afirmamos. Por iso non nos é preciso demostrar nin xustificar, nin tampouco o queremos facer,a cada paso esta realidade, mais agradecemos que aquelas persoas que representan as nosas institucións non fagan deixadez das súas obrigas e recoñezan o evidente, o incuestionábel: que Galiza é unha nación. Logo xa virá, ou non, o resto, mais o recoñecemento do que somos é o primeiro paso para nos ollarmos no espello e recoñecermonos como pobo libre e soberano.

Como nación da Europa do século XXI non podemos permanecer indiferentes perante a posibilidade de manifestar, en todas as circunstancias, a obviedade do que somos. Por iso, perante esta lexislatura que comeza, e nas previsíbeis reformas que se porán en marcha, non debemos renunciar a reclamar o dereito a planificar o noso propio futuro, o que queremos libre e democraticamente ser, sen colidir con ninguén mais tamén sen que ninguén entorpeza o noso camiño.

Lonxe das grandes frases que nos definan e das ameazas con que nos provoquen, nós ben sabemos o que somos, e o que somos, sómolo con independencia de os demais o veren. Porque a Nación – dixo Castelao – é un feito e non unha idea. A presidenta do Parlamento está neste camiño? Ou pensa dicir, en sede parlamentaria, que somos só unha idea e non un feito? Ou o que é pior: que Galiza é un lapso. Vostede dirá, Dna Pilar.

 Posted by at 00:14