PP e política lingüística

Asistín no fin de semana, como cada ano desde hai dezanove, ás Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-ensino e a AS-PG, xornadas que tanto teñen contribuído na nosa formación, quer polas propostas e experiencias didácticas que se teñen presentado como polos debates que en temas de normalización lingüística ten habido.
Este ano, na tarde do sábado e con 250 persoas presentes, desenvolveuse un debate entre representantes do PP, PSOE e BNG sobre o Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino.
As persoas presentes puidemos comprobar como as análises que o PP fai da situación lingüística actual  só teñen como fundamento os muíños de vento da imposición e da liberdade de elección de lingua prometendo levar a cabo unha serie de medidas que son pedagoxicamente insostíbeis, legalmente discutíbeis e economicamente inviábeis, mais que no fondo teñen como finalidade un obxectivo único: advertir que en materia de normalización lingüística o PP non está disposto a consentir ningunha recuperación de usos e de espazos para o galego. NINGUNHA.  Pois se así non for, non é entendíbel que retiren o seu apoio ao único decreto negociado entre todas as forzas políticas desde que existe o Parlamento Galego e co que o PP estivo de acordo até o día anterior á súa publicación no DOG. Se así non for, non se entende que no programa electoral das derradeiras eleccións só figuren medidas concretas de carácter derrogatorio e ningunha medida concreta, só ambigüidades xenéricas, de tipo promocional para o galego. Se así non for, non se entende que continúen argumentando que o decreto non se axusta a dereito cando xa o Tribunal Superior de Xustiza asegurou a súa plena validez xurídica.
A profesora García Negro ten comparado a situación do galego coa dun doente ao que se lle fan todas as probas, todas as diagnoses e, coñecida a doenza, logo non se lle administran os medicamentos. Se continuarmos con este símil, o Decreto 124/2007 non representa máis que o comezo dunha medicación nada agresiva, case me atrevería a dicir que de efecto placebo, no tratamento dunha doenza crónica, nun paciente que non tivo a posibilidade de comprobar a efectividade e os resultados desa insuficiente dose e, desde logo, ningún especialista observou os efectos secundarios de deslocamento do español da súa posición predominante como lingua do sistema educativo. Non se tendo producido pois avanzos na saúde do paciente, non é admisible que o PP fale de retirar esa pequena dose de medicamento nunha parte tan importante para o galego como é o sistema educativo.
Mais fronte á medicina legal e oficial, aínda nos queda a medicina popular, a tradicional. Por iso, o 17 de maio, en Santiago, temos ocasión de administrar unha inmensa cantidade de medicina popular no corpo do galego. Acudamos.

Xoán Costa Casas

Normal
0
21

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

<!–
/* Style Definitions */
p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal
{mso-style-parent:"";
margin:0cm;
margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:12.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-fareast-font-family:"Times New Roman";}
@page Section1
{size:595.3pt 841.9pt;
margin:70.85pt 3.0cm 70.85pt 3.0cm;
mso-header-margin:35.4pt;
mso-footer-margin:35.4pt;
mso-paper-source:0;}
div.Section1
{page:SectPP e política lingüística

Comments are closed.