Mar 042012
 

x Xogo de pistas: Castelao e a súa obra

Se desexares participar neste xogo de pistas sobre Castelao deberás enviar un correo a ode@as-pg.com  indicando: Nome e apelidos, Documento de Identidade e correo electrónico. A comunicación deberá realizarse antes do día 16 de marzo.

A AS-PG utilizará só o correo electrónico como medio de comunicación coas persoas participantes. O derradeiro día para enviar a resposta a todas as pistas é o día 29 de marzo. Por se houber algún tipo de problema cos envíos admitiranse as respostas que cheguen até o día 30 sempre que na data e hora do remitente figure unha referencia anterior ás 23:59 horas do día 29 de marzo.
As pistas faranse públicas os días 7, 14 e 21 de marzo no enderezo web: http://formacion.as-pg.com/ , na entrada Con.cursos > Xogo de pistas sobre Castelao.

Para ver o xogo, e participar, deberá acceder como convidado; pedíralle unha chave de acceso e deberá teclear: castelaoas-pg.

Haberá tres premios. A atribución será da seguinte forma.

1.- Un premio de 300 para a persoa que indique correctamente todas as pistas.

2.- Un segundo premio de 200 euros para quen acerte todas menos unha.

3.- Un terceiro premio de 100 euros para quen acerte todas salvo dúas.

Se houber máis de unha persoa que acerte o gañador ou gañadora decidirase por sorteo entre os acertantes de  cada categoría.

En calquera caso, se houber empate terán preferencia as persoas asociadas á as-pg.

Calquer outra cousa non explicitada anteriormente será interpretada e aclarada pola as-pg, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

A participación no certame supón aceitar as bases.

A Coruña 1 de marzo de 2012

 Posted by at 13:14

Sorry, the comment form is closed at this time.