Abr 282012
 

O próximo 17 de maio a lingua galega estará de novo nos quiosques a través do semanario Sermos Galiza, un proxecto de comunicación do que a AS-PG tamén forma parte. Por iso, convocamos un campionato de trivial de acordo coas seguintes:

BASES

1. Participantes.

Poderá participar calquera persoa que o desexe con independenciado seu lugar de residencia. Para se inscribir, debe cubrir os datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com.
O Campionato rexerase polas normas do Trivial.gz.

2.- Inscrición.

O Campionato desenvolverase entre as 15 horas do día 10 de maio e as 15 horas do día 17 de maio de 2012. As datas de inscrición serán entre o 29 de abril e o 9 de maio de 2012.

O nivel de dificultade será de 1 (Fácil) e xogarase con 6 temas.
Haberá dous temas obrigatorios (Ciencia e Cultura e espectáculos)para todos os concursantes, debendo elixir cada xogador ou xogadora os catro restantes no momento de configurar a partida.

O tempo máximo para xogar o Campionato será de 300 minutos.Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 30 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.

    3.- Premios.

O premio consistirá nunha subscrición ao semanario Sermos Galiza segundo a seguinte distribución:

1.- Unha subscrición anual para a persoa que fique no primeiro posto.

2.- Dúas subscricións semestrais para quen ocupe os postos 2º e 3º

3.- Sete subscricións trimestrais para os postos 4º a 10º

Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo trivial.gz@as-pg.com para solicitaren o premio. As solicitudes deberán facerse antes do 20 de maio de 2012. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.

 Posted by at 11:22