Xuñ 162021
 

O próximo venres (18 de xuño), a partir das 10h, abriremos a matrícula dos seguintes cursos de formación programados para o primeiro trimestre do vindeiro curso académico:

Cursos a distancia:

Do 22 de setembro ao 14 de outubro:

  • Metodoloxías activas para infantil e primaria.
  • Agueiro: comunidades educativas dixitais
  • Programación e unidades didácticas en tempos de cambio.

Do 19 de outubro ao 12 de novembro

  • Aplicacións didácticas das redes sociais. Novas posibilidades educativas
  • A poética e a política de Afonso X en sete cantigas e unha profecía.
  • A atención ao alumnado de altas capacidades desde unha perspectiva inclusiva.

Do 16 de novembro ao 17 de decembro

  • CANVA. Emprego para a creación de recursos didácticos.
  • Portugués intermedio para docentes
  • Espazo creativo arredor das ondas.

Cursos presenciais:

A Coruña:

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 16 de outubro.

Santiago de Compostela.

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 6 de novembro
  • I Xornadas de Historia de Galiza. A nosa historia facémola nós. 27 de novembro

Ferrol.

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 23 de outubro.

Lugo:

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 23 de outubro.

A Mariña:

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 2 de outubro

Ourense:

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 23 de outubro

Pontevedra:

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 2 de outubro
  • XXXIII Semana de educación de Pontevedra, do 21 ao 25 de setembro.

Vigo:

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 6 de novembro.
  • Paseos pedagóxicos de Vigo 2021: Orixes. Panoramas e escenas da historia de Terra II.

O Morrazo:

  • Orientación para a fase de prácticas . Elaboración de memoria, 16 de outubro.

Podes matricularte no apartado de formación da nosa páxina web. 

Sorry, the comment form is closed at this time.