patriciavarela

Dec 212022
 

ACTA DO XURADO

II CONCURSO COREOGRAFÍATE 2022

O xurado do Concurso COREOGRAFÍATE, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en colaboración coa Deputación da Coruña, nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega, formado por:

• Sofía Espiñeira López, cantautora, bailarina e actriz.

• Xiana Vilas Castro, coreógrafa, bailarina e docente.

Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta II edición do Concurso


• Categoría xeral Mellor Coreografía.

1º PREMIO: “A tódalas mulleres” – Aida Pérez Fernández

2º PREMIO: “Nin ti nin eu” – Luz de la Iglesia García e Johanna Hesse

• Categoría Mellor Coreografía Centros de Ensino

1º PREMIO: “Danza maldita de Ponzós” – CEIP de Ponzós

2º PREMIO: “Movémonos contra a violencia de xénero” – IES Santiago Basanta Silva

Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.

https://www.facebook.com/DeputacionCoruna/?locale=es_LA

Dec 142022
 

O xurado do Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua”, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega {AS-PG) en colaboración coa Deputación da Coruña coa finalidade de normalizar o uso oral da nasa lingua entre a xente máis nova, formado por:


• Antón Laxe, dinamizador cultural
• Isabel Risco, actriz e contadora
• Jorge Castro, bibliotecario.

Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta XXI edición do Concurso:

PRIMARIA
1º premio: A vaca que puxo un ovo – Grupo As Conteiras – CEIP Fogar
2º premio: Caldo de letras – Uxía Mariño Carballeiro – CEIP Campoamor

Accésit: A fonte de Navenllos, de Icía García Chouciño – CEIPP da Ramallosa

1º CICLO ESO
1º premio: O trasno do río Vello – Uxía Ríos García – CPI. PI. Eusebio Lorenzo Baleirón – Dodro
2º premio: A Ponte – Ingrid Cancela Portas – IES Aquis Celenis


2º CICLO DE ESO E POSTOBRIGATORIO
1º premio: Os tolos anos 20– Lidia Chapel e Carolina López Cabarcos- IES Breamo
2º premio: A realidade – Sandra Mera e Nerea Barral – CIFP Fragas do Eume

Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.

https://www.facebook.com/DeputacionCoruna/?locale=es_LA

Nov 302022
 

O xurado do XII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por

  • José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico
  • José María Rodríguez Armada, Proxeccionista e Arquiveiro da Filmoteca de Galicia
  • Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega, escritora e guionista

Acordou por unanimidade declarar finalistas da XII edición do Certame:

  1. Na categoría Mellor Curta da XII edición

Barroco,de Toño Chouza

III Marías, de Andrea Bouzo

Tan lonxe, tan preto,de Omar Rabuñal Varela

  • Na categoría Centros de Ensino da XII edición

O rexurdir das cinzas, de Elsa Fernández López e Uxía Veiga López do IES de Arzúa

22 mans, de Noelia Papín e Luísa Treviño do C.P.R. San Fermín Padres Somascos (Caldas de Reis)

    A entrega de premios terá lugar o día 16 de decembro ás 18:00h no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) situado na rúa Durán Loriga, 10 na Coruña.

Xuñ 192022
 

O 20 de xuño, abriremos a matrícula dos seguintes cursos de formación programados para o primeiro trimestre do vindeiro curso académico:

Do 26 de setembro ao 21 de outubro

  • Novos currículos, programacións e avaliación. Secundaria.
  • Novos currículos, programacións e avaliación. Primaria.
  • Unha primeira ollada á acción educativa española no exterior. Unha oportunidade de educar polo mundo.

Do 25 de outubro ao 18 de novembro

  • Elaboración de gamificacións e outros recursos interactivos con Quizziz, Educaplay, Live Worksheets e outras ferramentas.
  • Coidado da voz para docentes. Achegas didácticas.
  • Ferramentas teatrais na educación. Propostas didácticas.

Do 22 de novembro ao 19 de decembro

  • TDAH na escola. Preguntas frecuentes e respostas didácticas.
  • Portugués avanzado para docentes.
  • Estratexias didácticas para traballar a diversidade afectivo-sexual e de xénero nos centros de ensino.

Cursos presenciais:

A Coruña

  • Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria.  24 de setembro

Compostela

  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria.  24 de setembro
  • II Xornadas de historia de Galiza. A nosa historia facémola nós.  22 de outubro

Pontevedra

  • XXXIV Semana da Educación de Pontevedra. Do 21 ao 24 de setembro
  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria.   1 de outubro

Vigo

  • Paseos Pedagóxicos de Vigo 2022  8, 10, 15, 17 e 24 de setembro.
  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria.  8 de outubro

Ourense

  • Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria. 8 de outubro

Lugo

  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria. 24 de setembro

Ferrol

  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria.  1 de outubro

A Mariña

  • Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria.  1 de outubro

O Morrazo

  • Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria. 1 de outubro