
CEIP Campomaior
CEIP Campomaior
CEIP de Bembibre
Imos ir publicando distintos vídeos e audios d@s participantes no Tíralle da Lingua do ano 2020. Neste caso, marchamos ao IES Soutomaior.
https://www.as-pg.gal/Podcast/ShowPlayer.do?file=188§ion=2
OS SOÑOS NO DENTE DE LEÓN
IES SOUTOMAIOR
Autor: DANIEL COUÑAGO 4º ESO
ACTA DO XURADO
I CONCURSO DE PODCAST: ALGO QUE CANTAR? ALGO QUE CONTAR? 2020
O xurado do I Concurso de Podcast: Algo que cantar? Algo que cantar? convocado pola
Asociación Socio-Pedgáxica Galega (AS-PG) coa finalidade de potenciar novas formas e procesos comunicativos, formado por:
CATEGORÍA XERAL:
1º Premio: O que o vento non levou, de Sabela Iglesias Reviejo
2º Premio: Pampillo, de Teresa Pérez Lousame
CENTROS DE ENSINO:
1º Premio: Remendando música, de Sara Rey Lestido. Lucía Romar Ríos. Alba Sueiro Soto, do IES Milladoiro
2º Premio: A Guerra das Galaxias, unha película de Ronald Reagan, de Antía Novás Arribas, do IES Illa de Ons
A Coruña, 30 de decembro de 2020.
Este concurso foi realizado coa colaboración da Deputación da Coruña.
O xurado do X Certame de Curtas da AS-PG formado por
Acordou por unanimidade declarar finalistas desta X edición do Certame
CATRO ESCENAS DUNHA VILA, Xoán Fernández Diz
POETISAS DE SEU, Omar Rabuñal
ZONAS DE TRÁNSITO, Marcos Nine
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020, Sabela Fernández e Maca Rocamonde (IES ARZÚA)
CATOIRA STYLE, Olalla Otero Payno (CPI PROGRESO-CATOIRA)
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO, Luz Beloso (IES MARÍA SOLIÑO)
O acto de entrega de premios terá lugar o día 9 de decembro. Será retransmitido de maneira virtual debido á situación sanitaria.
Nesta bitácula publicaremos a maneira de unirse a dita entrega.
Curtas admitidas no X Certame de Curtas AS-PG
CATEGORÍA XERAL
NADA, Xandra Táboas Martínez
PÁXARO MOURO, Álvaro Liste
POETISAS DE SEU, Omar Rabuñal
HOME CON CADELA, Eva Alonso
NON EXISTE A MORTE, M.ª José Pérez
RETICÊNCIAS, Xosé Antón Moure
CATRO ESCENAS DUNHA VILA, Xoán Fenández Diz
BAGAGEM, Alaska M. Lueiro
XELA ARIAS. POETA NAS MARXES, Beatriz Pereira Expósito
ZONAS DE TRÁNSITO, Marcos Nine
PARA SEMPRE MALEVICH, Antón Veiga
O XARDINEIRO DOS INGLESES, Aarón Vilariño
LONGA NOITE DE PEDRA, Aarón Vilariño
O CABALO DE ALBERTE MERLO, Aarón Vilariño
CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020, Sabela Fernández e Maca Rocamonde (IES ARZÚA)
CATOIRA STYLE, Olalla Otero Payno (CPI.PROGRESO-CATOIRA)
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO, Luz Beloso (IES MARÍA SOLIÑO)
Comisión organizadora:
Patricia Varela
Carme Vilariño
O xurado do IX Certame de Curtas da AS-PG está constituído por: Eduardo Álvarez, coordinador de medios audiovisuais e especialista en Lingua e Literatura Isa Risco, actriz de teatro, cine e tv Xose Antón Moure, realizador e guionista As curtas admitidas a concurso son: CATEGORÍA XERAL 1. Airiños, airiños aires, de Raquel Torres, Candela Fernández, Adrián Mayán e Ana Pérez 2. Atopando o camiño, de Andrés Castro e María Fanjul 3. Emma Pedreira. O des-en-freo, de Daniel Chapela 4. MULLERES MURO, a garda poética, de Pepe Galán CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO 1. A mellor sopa do mundo, de María Jesús López Abelairas (CEIP Martagona-Melide) 2. IRMAUS- Celso Emilio, alumnado de 1º bacharelato (IES María Soliño-Cangas) 3. O xogo da guerra, de Mara Sierra López (Colexio Eirís- A Coruña) 4. Rosalía, quilómetro cero, de Cristina de La Torre (IES Macías o Namorado- Padrón) As curtas finalistas publicaranse o 4 de decembro. A Coruña 26 de novembro de 2019.
O Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.
I.- ORGANIZACIÓN
As curtas admitidas a concurso e as curtas finalistas daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
II.- TEMÁTICA
As curtas xirarán ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época da Literatura Galega.
A modalidade en que se presenten os traballos é libre: videocreacións, curtametraxes, videoclips… e admitirase calquera técnica de elaboración. As curtas presentadas levarán incluído un espazo de créditos.
III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1. Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo…), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de setembro de 2017 e o 15 de novembro de 2019.
2. As obras poderán enviarse por wetransfer a informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi. No caso de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega IX Certame Curtas AS-PG Rúa Laracha, 9 baixo 15010 A Coruña
3. Prazo: as curtas deberán ser recepcionadas na AS-PG antes das 14 horas do 15 de novembro de 2019.
4. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.
5. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego.
6. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
7. O material enviado ao inscribirse non será devolto.
IV. CATEGORÍAS 1. Categoría xeral Mellor Curta IX edición. 2. Categoría Centros de Ensino IX edición. A mesma obra só poderá participar nunha única categoría que será indicada na ficha de inscrición.
V. PREMIOS
1. Categoría xeral
– Premio á Mellor Curta IX edición de Curtas AS-PG, dotado de 1.500€ + Diploma.
– 2º Premio dotado con 750€ + Diploma.
2. Categoría Centros de Ensino
– 1º Premio, dotado con 1.000€ + Diploma.
– 2º Premio, dotado con 500€ + Diploma
VI. INSCRICIÓN
Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación:
* Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberanse enviar tantas fichas como obras.
* Na Categoría Xeral, fotocopia do DNI do director/directora, ou calquera membro responsable da obra.
* Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro.
* Ficha de inscrición web http://bitaculas.as-pg.gal/ entrada Curtas
* Poderá ser enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega IX Certame Curtas AS-PG Rúa Laracha, 9 baixo 15010 A Coruña
VII. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da literatura e do audiovisual. O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora.
Así mesmo designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras e avaliar a adecuación ás bases.
Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado, faranse públicos no enderezo web http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
O ditame do xurado é inapelable.
VIII. ENTREGA DE PREMIOS
As obras gañadoras daranse a coñecer no Acto de entrega de premios que terá lugar en decembro de 2019. Data e lugar serán publicados na páxina web da AS-PG. Neste acto é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.
IX. RESPONSABILIDADE
A persoa representante da obra será a única responsable legal da curta.
As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do Certame.
A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.
A Coruña, xuño de 2019
O 18 de maio de 1916 xorde na cidade da Coruña a primeira Irmandade dos Amigos da Fala. Antón Vilar Ponte convoca unha xuntanza nos locais da Academia Galega á que asistiron arredor de 20 persoas, entre as que se encontraban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Lois Porteiro Garea, Micaela Chao Maciñeira, Francisco Tettamancy ou Ramón Vilar Ponte. Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galiza. Nace así a primeira iniciativa consciente de normalización do idioma galego. Axiña se foron creando outras: Santiago, Monforte,Vilalba, Ferrol, Vigo, Lugo, Vilagarcía, Cambados, Ourense, Madrid, A Habana… O corpus teórico das Irmandades vai ter como unha das súas bases a Doctrina nazonalista de Ramón Vilar Ponte. A nova asociación crea como voceiro desde a súa fundación a revista “A Nosa Terra”.
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, no Centenario e en lembranza daquel acontecemento convocamos este campionato.
Poderán participar neste campionato todas as persoas que o desexen con independencia do seu lugar de residencia. Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com
O Campionato desenvolverase entre o 18 e o 28 de maio. As datas de inscrición serán entre o 7 e o 18 de maio de 2016.
O nivel de dificultade será de 2 (medio) e xogarase con 6 temas. Haberá un tema tema obrigatorio (Irmandades da Fala para todos os concursantes debendo elixir cada xogador ou xogadora os cinco restantes.
O tempo máximo para xogar o campionato será de 300 minutos. Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 30 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.
Establécense 5 premios para os 5 primeiros postos: 1 premio de 30 euros para o 5º posto; un de 50 euros para o 4º posto; 60 euros para terceiro posto; 70 euros para o segundo e 90 para o primeiro posto.
Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo trivial.gz@as-pg.com para solicitar o premio. As solicitudes deberán facerse antes do 8 de xuño de 2016. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.