Xul 082010
 

Agrega é un proxecto que  pretende xuntar os esforzos de xeración e aplicación de contidos dixitais curriculares en liña que veñen desenvolvendo as Administracións públicas e o sector privado, e sentar as bases para potenciar a participación de ambos os dous sectores na xeneralización do emprego destes contidos nas aulas. 

Ligazón con agrega

 Posted by at 00:00
Xul 052010
 

Baixo o título O Clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, a editorial Sotelo Blanco publica este traballo de María Pilar García Negro que propón a consideración de Rosalía como inauguradora do ensaio, como xénero literario, na literatura  galega contemporánea. O libro foi, ademais, Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. A autora analiza os prólogos de Cantares Gallegos e de Follas Novas, demostrando o seu carácter de obras que van moito para alén dos prólogos ao uso.

 Posted by at 00:00
Set 092009
 

Un vídeo do alumnado do IES Leiras Pulpeiro aportando razóns para falar galego. Foi 2º premio da
campaña "Entre Nós en Galego" no ano 2005.

 

 Posted by at 09:53
Ago 232009
 

Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por
seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos,
contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que siguen vivindo
na nosa memoria colectiva.

Visitar Galicia Encantada

 Posted by at 00:00
Ago 162009
 

O Proxecto Terra  ten como obxectivo contribuír a que os cidadáns perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da nosa cultura.  Partindo do convencemento de que este obxectivo nunca se logrará acadar se non conseguimos que o feito arquitectónico e territorial adquira unha sólida presenza no ámbito da educación, o proxectoterra é un proxecto de intervención educativa dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial. Este é un proxecto do Colexio Oficial de arquitectos de Galicia no que colaborou desde o inicio a as-pg.

 Posted by at 00:00
Ago 092009
 

O patrimonio cultural de Galicia comprende os bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico, ademais do patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os lugares naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico. Este web depende da Consellaría de Cultura e Turismo

 Posted by at 00:00
Ago 022009
 

Arquivos de Galicia é un  proxecto de incorporación a un sistema de xestión documental en rede de Arquivos. Conta cos seguintes centros:

Arquivo Central da Consellería de Cultura (Santiago de Compostela)

Arquivo Xeral da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela)

Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela

Arquivo Municipal de Ferrol

 Posted by at 00:00