O xurado do Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua”, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega {AS-PG) en colaboración coa Deputación da Coruña coa finalidade de normalizar o uso oral da nasa lingua entre a xente máis nova, formado por:
• Antón Laxe, dinamizador cultural • Isabel Risco, actriz e contadora • Jorge Castro, bibliotecario.
Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta XXI edición do Concurso:
PRIMARIA 1º premio: A vaca que puxo un ovo – Grupo As Conteiras – CEIP Fogar 2º premio: Caldo de letras – Uxía Mariño Carballeiro – CEIP Campoamor
Accésit: A fonte de Navenllos, de Icía García Chouciño – CEIPP da Ramallosa
1º CICLO ESO 1º premio: O trasno do río Vello – Uxía Ríos García – CPI. PI. Eusebio Lorenzo Baleirón – Dodro 2º premio: A Ponte – Ingrid Cancela Portas – IES Aquis Celenis
2º CICLO DE ESO E POSTOBRIGATORIO 1º premio: Os tolos anos 20– Lidia Chapel e Carolina López Cabarcos- IES Breamo 2º premio: A realidade – Sandra Mera e Nerea Barral – CIFP Fragas do Eume
Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza este concurso coa finalidade de fomentar o uso oral do galego en todos os contextos, neste caso utilizando novos medios de comunicación que poden ser canles de divulgación de contidos relativos a calquera tipo de coñecemento. Son formatos novos que poden potenciar novas formas e procesos expresivos.
Bases do concurso
Os podcasts terán que ser gravacións orixinais que poderán versar sobre calquera tema.
Todo o podcast estará en galego.
Valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista), a comunicación e espontaneidade.
Os/as participantes concursarán individualmente e ou en grupo. Poderán participar cun máximo de tres podcast.
O resultado será unha peza radiofónica gravada nun arquivo .mp3 dunha extensión máxima de 10 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación.
O concurso vai destinado a dúas categorías:
– Categoría xeral
– Centros de ensino
Os podcasts participantes será publicados na nosa páxina web: https://www.as-pg.gal/Podcast/ dentro da canle Podcasts 2021.
Haberá un primeiro premio de 300 euros para o mellor podcast de cada categoría. Un segundo premio de 200 euros en cada categoría.
Inscrición:
As/os participantes deberán enviar a seguinte documentación
Ficha de inscrición con todos os datos requeridos.
Na categoría de centros de ensino, fotocopia do director/directora e permiso das familias das persoas participantes.
As pezas gravadas deberán ser enviadas ao correo informacion@as-pg.gal. O prazo remata o 15 de decembro.
.
10. Xurado
A AS-PG como entidade organizadora, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecida profesionalidade do mundo da comunicación e da creación.
O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada categoría. Entre esas finalistas estarán as gañadoras.
A composición do xurado farase pública na web da AS-PG. O ditame do curado será inapelable.
11. Entrega de premios
As pezas gañadoras daranse a coñecer despois da deliberación, na web da AS-PG arredor do 20 de decembro. Non haberá acto de entrega de premios presencial pola situación sanitaria na que vivimos.
12. Responsabilidade
A persoa representante da obra será a única responsable legal do podcast.
As obras admitidas poden ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do concurso.
A participación neste concurso supón a aceptación plena destas bases.