A un batido, outro batido

 - XV -
A un batido, outro batido,
a unha dor, outro delor,
tras dun olvido, outro olvido,
tras dun amor, outro amor.
I ó fin de fatiga tanta
e de tan diversa sorte,
a vellés que nos espanta,
ou o repousar da morte.
Comments are closed.