¡Silencio!

- XX -
¡Silencio!
A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas;
sentindo como loitan,
en sin igual batalla,
inmortales deseios que atormentan
e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
rompendo a vena inchada
i escribo... escribo... ¿para que? ¡Volvede
ó máis fondo da ialma
tempestosas imaxes!
Ide a morar cas mortas relembranzas;
que a man tembrosa no papel só escriba
¡palabras, e palabras, e palabras!
¿Da idea a forma inmaculada e pura
donde quedou velada?
Next Post
Comments are closed.