Ti onte, mañán eu

 Ti onte, mañán eu

Caín tan baixo, tan baixo,
que a luz onda min non vai;
perdín de vista as estrelas
e vivo na escuridá.

Mais, agarda... ¡o que te riches
insensibre ó meu afán!
Inda estou vivo... inda podo
subir para me vingar.

Tirá pedras ó caído,
tiraille anque sea un cento;
tirá... que, cando caiades,
hanvos de face-lo mesmo.

Comments are closed.