Amores cativos

Era delor i era cólera,
era medo i aversión,
era un amor sin medida,
¡era un castigo de Dios!
Que hai uns negros amores de índole pezoñenta,
que privan os espritos, que turban as concencias,
que morden se acariñan, que cando miran queiman,
que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.
Máis val morrer de friaxen
que quentarse á súa fogueira.

Previous Post
Comments are closed.