¡Mar!, cas túas auguas sin fondo,
¡ceo!, ca túa imensidá,
o fantasma que me aterra
axudádeme a enterrar.
É máis grande que vós todos
e que todos pode máis…
cun pé posto onde brilan os astros,
e outro onde a cova me fan.
Impracabre, bulrón e sañudo,
diante de min sempre vai,
i amenaza perseguirme
hastra a mesma eternidá.