Cava lixeiro, cava,

Cava lixeiro, cava,
 xigante pensamento,
 cava un fondo burato onde a memoria
 do pasado enterremos.
 ¡Á terra cos difuntos!
 ¡Cava, cava lixeiro!
 E por lousa daraslle o negro olvido,
 i a nada lle darás por simiterio.

Comments are closed.