Aventura é traidora

Aventura é traidora

    Tembra a que unha inmensa dicha
 neste mundo te sorprenda;
 grorias, aquí, sobrehumanas,
 tran desventuras supremas.
 Nin maxines que pasan os dores
 como pasan os gustos na terra;
 ¡hai infernos na memoria,
 cando n’os hai na concencia!

    Cal arraigan as hedras nos muros,
 nalgúns peitos arraigan as penas,
 e unhas van minando a vida
 cal minan outras as pedras.
 Si; tembra, cando no mundo
 sintas unha dicha imensa;
 val máis que a túa vida corra
 cal corre a iaugua serena.

Comments are closed.