O pazo de A***

O pazo de A***

Era ó caer da tarde,
encomenzaba o cántico dos grilos,
xorda a presa ruxía,
brilaban lonxe os lumes fuxitivos.
Ó pe do monte, maxestuoso erguíase
na aldea escura o caserón querido,
ca oliva centenaria
de cortinax ó ventanil servindo.
Deserta a escalinata,
soio o paterno niño,
e enriba del caendo misteriosas
coas sombras do crepúsculo, as do olvido.

¿Quen ó pasado volve
os ollos compasivos?
¿Quen se lembra dos mortos,
se inda non poden recordarse os vivos?
Comments are closed.