Que pracidamente brilan

Que pracidamente brilan
o río, a fonte i o sol.
Canto brilan.... mais non brilan
para min, non.

Cal medran herbas e arbustos,
cal brota na arbor a frol.
Mais non medran, nin frorecen
para min, non.

Cal cantan os paxariños
enamoradas canciós.
Mais anque cantan, non cantan
para min, non.

Cal a natureza hermosa
sorrí a Maio que a mimou.
Mais para min non sorrí,
para min, non.

Si... para todos un pouco
de aire, de luz, de calor..
Mais si para todos hai,
para min, non.

¡E ben!.... xa que aquí n'atopo
aire, luz, terra, nin sol,
¿para min n'habrá unha tomba?
Para min, non.
Previous Post
Comments are closed.