Pasade

Brila, raio da aurora,
cal un sono de paz branco e purísimo;
¿a aquel que naceu cego, que lle importa
o teu fulgor divino?
Xemí, serenas ondas,
co romor dos pinares;
músicas, ¡ai!, e cantos i harmonías,
para un xordo, ¿que valen?
¡Pasá!... pasade, hermosas,
feitizo dos que esperan e dos que aman;
amores e praceres son mentira
pra quen tén seca a ialma.
Comments are closed.