CADA COUSA NO SEU TEMPO

Do alegre Maio unha alborada fresca
foite a sorrir no outono malencónico,
e por nadal os membros ateridos
quentache ben contente a un sol de agosto;
despois trembaches espantado e fuches
buscando a sombra inquieto e pesaroso;
mais a mamoria, preguizosa, tarde
trouxera ó teu recordo
que aqueses cambios bruscos,
raros e intempestosos,
de loitos e pesares, nesta vida,
sinal segura eternamente fonon.
E tras daquel calor que che emprestara
no inverno un sol de agosto,
só sentiche da frebe o mortal frío
que helou hastra os teus ósos.
As cousas no seu tempo
i as feras no seu tobo.

Comments are closed.