Xuri do certame de curtametraxes Curtas para Rosalía

Xuri do certame de curtametraxes Curtas para Rosalía
A entrega de premios terá lugar o día 20 de setembro.

O pasado 16 de xuño remataba o prazo para a presentación das curtametraxes para participar no Certame de Curtas para Rosalía. Están establecidos dous premios:

– Un premio de 2000€ á mellor curtametraxe + Diploma.

– Un premio de 1000€ + Diploma ás obras cuxos realizadores/as ou directores/as sexan menores de 30 anos a 16 de xuño de 2010.

Optan ao premio á mellor curtametraxe as obras:

  • MÁGOA de Sol Álvarez e Sabela Pernas,
  • IGNOTUS de Tomás Conde e Virginia Curiá,
  • ESTE VAISE de Paula Pereira e
  • CARTA A ROSALÍA/CURTA A ROSALÍA de Patricia Prieto, Natalia Pérez, Adrián Saavedra e Xudit Casas.

Optan ao premio de menores de 30 anos as obras:

  • MÁGOA de Sol Álvarez e Sabela Pernas,
  • ESTE VAISE de Paula Pereira e
  • CARTA A ROSALÍA/CURTA A ROSALÍA de Patricia Prieto, Natalia Pérez, Adrián Saavedra e Xudit Casas.

Por outra parte, tal como se anuncia nas Bases, a AS-PG fai públicos os nomes das persoas que forman parte do xurado do certame de curtas Curtas para Rosalía.

O xurado está formado por:

  • Raúl Veiga, director de cine. Entre a súa filmografía figuran Arde amor, Canle aberta, A metade da vida ou Continental.
  • Jairo Iglesias, director de cine. Entre a súa filmografía figura: Rosa dos ventos, Cicatrices ou Retrato.
  • Eduardo Álvarez González, guionista. Ten traballado como guionista en Canto de permanencia, Arquitectura defensiva ou Os pórticos románicos da catedral de Santiago.
  • María dos Anxos González Refoxo, guionista. Entre os seus traballos destaca: E non chegou a ser palabra, É o verbo, Canto de permanecia ou A certeza de sermos.
  • Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG,  Lorena Rojo Fariña.

A entrega de premios terá lugar o día 20 de setembro nunha gala que se desenvolverá no Teatro Rosalía da Coruña

Next Post
Comments are closed.