Dulce sono

 Baixaron os ánxeles
adonde ela estaba,
fixéronlle un leito
cas prácidas alas,
e lonxe a levano
na noite calada.

Cando á alba do día
tocou a campana,
e no alto da torre
cantou a calandria,
os ánxeles mesmos,
pregadas as alas:
«¿Por que -marmurano-,
por que despertala?...»
Comments are closed.