Sin terra

«¡Calade, ouh ventos nouturnos;
calá, fonte da Serena,
que alá por cabo das Trompas
quero oír quen chega!»

Calaron os ventos todos,
xurrou a fonte máis queda,
e vin qué iban a enterrar
o corazón dela.

Vina despois inda viva
por campos e por devesas,
mais iña para unha tomba
pedindo terra.

Non a atopou, e por eso,
amostra ás vistas alleas
inda aquel corazón morto
a súa cangrena.

Comments are closed.