Que ten?

¿Que tén?

Sempre un ¡ai! prañideiro, unha duda,
un deseio, unha angustia, un delor...
É unhas veces a estrela que brila,
e outras tantas un raio de sol;
é que as follas dos árbores caen,
é que abrochan nos campos as frols,
i é o vento que zoa,
i é o frío, e a calor...
e n'é o vento, n'é sol, nin é o frío,
non e... que e tan só
a alma enferma, poeta e sensibre,
que todo a lastima, que todo lle doi.

Previous Post
Comments are closed.