Brancas virxes de cándidos rostros

Brancas virxes de cándidos rostros,
varóns santos de frente serea,
nobres matronas,
monxas austeras,
i aínda aquelas que parés que nunca
tocaron cas prantas
os lodos da terra,
na concencia ¿quen sabe, a escondidas
as manchas que levan?

Mais se hai anchos ríos,
e mares imensos,
e lagos sin fondo,
e torrentes que arrancan as penas,
deste mundo nos ámbitos todos
n'hai auguas que laven
manchadas concencias
i aqués que se manchan,
manchados se quedan.
¡Soio as lavan as bágoas abondas
da penitencia!

Previous Post
Next Post
Comments are closed.