Vanidade

 Algúns ricos entérranse ó probe,
e algúns probes ó grande se enterran,
todos para distinguirse,
e hastra ó morrer ter fachenda.
¡Vanidá!, ¡canto vals antre os homes,
que hastra as portas da morte penetras!
Mas de que can no burato,
todos iguales se quedan,
i o polvo, ó polvo se torna
e onde os vivos a soberbia.
Comments are closed.