Decides que o matrimonio

Decides que o matrimonio
é santo e bueno. Seraio;
mais non casou san Antonio,
por máis que o mesmo demonio
tentouno a face-lo ensaio.

Celicios, cantos poder;
penitencias, a Dios dar;
mais santo n'houbo, a meu ver,
que dos casados quixer
ca pesada cruz cargar.

Nin os santos padres todos,
de quen tes tantos escritos
e alabas de varios modos,
quixeron naqueses lodos
meter os seus pés benditos.

Do direito, do rivés,
matrimonio, un dogal es;
eres tentazón do inferno;
mais casarei... pois no inverno
¡non ter quen lle a un quente os pés!
Comments are closed.