– Premita Dios que te vexas

 -Premita Dios que te vexas
cal as cóbregas arrastro,
que a iaugua que a beber vaias
che se volva xaramagos,
que pidas e non atopes
pousada, acougo, n'amparo;
e que inda morto de fame
quedes ó pé dun valado.
-Praguea, boca, praguea
mentras que en me vou marchando;
pragas de malas mulleres
nunca lle can ós soldados.
Comments are closed.