Sarna con gusto non pica

Sarna con gusto, non pica;
o conto é sarna sin él,
i o verdadeiro castigo
no máis fondo ha de doer.
Non é sufrir chorar sangre,
ós pés de quen un quer ben;
del vivir lonxe e olvidado...
¡este si que penar é!
Comments are closed.