É verdade que un pode

«É verdade que un pode
ser pior ou millor,
pero vir de bon tronco,
eso sempre foi bo.
Teus pais eran xitanos,
e ti hoxe eres marqués,
masque... que ó fin i ó cabo
un vén de donde vén.
Can fillo dun raposo,
que o teñan por leal;
que si non come os pitos
e que non poderá».

Esto cantaba un cego
na feira da Asunción,
e do seu cantar ríanse
todos que era un primor.
I uns ós outros mirábanse
cal querendo decir:
«Rásquese a quen lle proia,
que esto non vai pra min».
Comments are closed.