Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria

Este
libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer
conscientes do noso propio valor, neste caso do valor dunha obra
literaria e dunha muller, Rosalía de Castro, que transcenden o campo da
literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á
existencia do pobo galego, e tamén dunha perspectiva da historia e do
mundo xenuína e moi esclarecedora, imprescindíbel. Mantendo o rigor
analítico e o manexo de fontes históricas abondosas, característicos do
seu autor, é un texto de fácil, entretida e suxerinte lectura. De seguro
que vai incitar a reler a obra rosaliana, nuns casos; noutros, a lela
na súa totalidade; en moitos, a achegarse a ela por primeira vez con
interese e devezo. Sempre nos vai descubrir a personalidade auténtica de
Rosalía, libre dos prexuízos e estereotipos aínda dominantes. Da súa
man, e grazas á súa experiencia e obra, chegaremos a ter resposta a
moitos interrogantes sobre nós mesmos, como pobo, e a nos orientar
mellor no medio de tanta confusión. Sendo unha análise específica dunha
obra literaria concreta, que tamén axuda a visualizar, de forma
efectiva, á súa autora, é, ademais, este libro unha ventá aberta para
comprender un mundo, aínda en grande maneira rosaliano.

O libro estrutúrase en 10 capítulos que se desenvolven ao logo de  732 páxinas. Pódese ver o índice na ligazón.

Comments are closed.