Xuri do II certame de curtametraxes Curtas para Rosalía

O pasado 24 de febreiro remataba o prazo para a presentación das curtametraxes para participar no II certame de Curtas para Rosalía.

Presentáronse e admitíronse a concurso un total de 6 obras que procedemos a describir:

1) Mercares galegos de Sabela Pernas Soto e Sol Álvarez Soto.

    Duración: 2′ 49”  Formato: DV Pal   Xénero: Videocreación

    Sinopse: Unha das coplas de Rosalía sae á rúa para voltar no 2011 á boca do pobo: os comerciantes e compradores da praza de      abastos de Santiago.

    Filmografía do director/a: Ciclo combinado (2006), Mundo bazar (2006), Take your time (2009) e Camino hacia Gibara (2010).

2) Lembranzas con Rosalía de Julia María Castro Diéguez.

     Duración: 6’08” Formato: DVD Xénero: Falso documental

     Sinopse: Mulleres de diversas xeracións indagan nos seus recordos. Desde a infancia, Rosalía serve de unión á diversidade de historias, o costumismo, a emigración e o amor serán a clave.

     Filmografía do director/a: La misteriosa ruta del vino, Educa tu salud, Recóndito e Apariencias.

3) Deixádeos pasar de Alberte Mera García.

    Duración: 19’15” Formato: 16:9, HD Xénero: Ensaio, documental

    Sinopse: Baixo unha estrutura adaptada de Follas Novas, este filme presenta a persoas representativas da sociedade galega que valoran a pervivencia de Rosalía en función das súas vivenzas.

    Filmografía do director/a: Poetas do Inmediato (2009, codirector,  curta documental), Malas verbas (2010, anuncio contra a violencia machista), Camiño da memoria (2010, codirector, curta gañadora do concurso Amal Express do Festival Euroárabe Amal).

4) Síndrome Rosalía de Fátima Peón Torres.

    Duración 12′ Formato: 16:9 Xénero: Falso documental

    Sinopse: Clementina é a primeira muller do mundo que sofre o "Síndrome Rosalía".

    Filmografía do director/a: Directora da compañía de teatro "Yo, lapeordetodas".

5) Sobre a morte do Bieito de Xudit Casas.

    Duración: 8’50” Formato: DVD Pal 16:9 Xénero: Fantástico

    Sinopse: Que farías ti se nun funeral sentisen moverse algo dentro do cadaleito? a) Comunicarllo aos demais e abriría o ataúde rapidamente, Hai que salvalo! b) Non diría nada. Se non o vexo non o creo e… non penso abrilo para averigualo! c) Berrar e saír correndo.

    Filmografía do director/a: Mora (videoarte, 2003), Amor (videoarte, 2004), O Mar (videoarte, 2004), Roma (videoarte, 2005), Obscure Phuture (videoclip, 2006), Noutrora (documental experimental, 2007), Astronoña (video experimental, 2008), Oniria I. Las claves surREAListas (desmontaxe, 2008), Oniria II (desmontaxe, 2008), Adivinanza (videoarte, 2008), Galicia Caníbal (reportaxe documental, 2008), Inmóvil (microcurta, 2008) e Cruta a Rosalía (videoarte, 2010).

6) Nocturnio de Celanova de Raúl García Pérez.

    Duración 7′ Formato 16:9 Pal Xénero: Animación 3D

    Sinopse: Nocturnio é unha curta baseada no poema do poeta Curros Enríquez. Conta a historia dun vello que ten que abandonar o seu fogar e ir polo mundo a pedir.

    Filmografía do director/a: O Grilo (2007), En el armario (2007), Pkm406 (2008) e A xogada perfecta (2008).

Están establecidos dous premios:

– Un premio de 2000€ á mellor curtametraxe + Diploma.

– Un premio de 1000€ + Diploma á curta cuxos realizadores/as ou directores/as sexan menores de 30 anos a 24 de febreiro de 2011.

 

Optan ao premio á mellor curtametraxe as obras:

– Síndrome Rosalía de Fátima Peón Torres.

– Nocturnio de Celanova de Raúl García Pérez.

– Sobre a morte do Bieito de Xudit Casas.

Optan ao premio de menores de 30 anos as obras:

– Síndrome Rosalía de Fátima Peón Torres.

– Sobre a morte do Bieito de Xudit Casas.

– Mercares galegos de Sabela Pernas Soto e Sol Álvarez Soto.

 

Por outra parte, tal e como se anuncia nas Bases, a AS-PG fai públicos os nomes das persoas que forman parte do xurado do II certame de curtametraxes Curtas para Rosalía.

O xurado está formado por:

-Eduardo Álvarez González, guionista. Ten traballado en Canto de Permanencia, Arquitectura defensiva ou Os pórticos románicos da catedral de Santiago.

-Mª dos Anxos González Refoxo, guionista. Entre os seus traballos destaca: E non chegou a ser palabra, É o verbo, Canto de Permanencia e A Certeza de Sermos.

-Sara Horta, produtora de cine. Entre os seus traballos destaca: Efectos Colaterais, Canto de Permanencia e Kune.

Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG, Lorena Rojo Fariña.

 

A entrega de premios terá lugar o día 2 de abril ás 19:30 horas na Sala de Audiovisuais no espazo do Achegarte no Palexco, A Coruña.

Comments are closed.