Os manantiales sécanse

            Os manatiales sécanse,
        ós robres cáenlle as follas;
    pero a túa ialma é plena primadera:
        non veu máis que unha aurora.

            E en vano oies do mundo,
        en vano oies da vida…
    N’apagará a túa sede o que outros beben
        nas auguas maldecidas.

        Mais cando chegue a tarde do teu día
            e chegue o teu outono,
    ven hastra a miña tomba paseniño,
    e deposita nela os teus remorsos.

Comments are closed.