O meu olido máis puro

        O meu olido máis puro
    dérache si eu fora rosa,
    o meu marmurio máis brando
    si é que do mar fora onda.
    O bico máis amoroso
    se fose raio da aurora,
    si Dios… Mais ben sei que ti
    non qués de min nin a groria.

Comments are closed.