Anque me dés viño do Ribeiro de Avia

        -Anque me dés viño do Ribeiro de Avia,
    tódolos almibres e tódalas viandas
    das que os reises comen e no mundo haxa,
    ña madre querida, non sei que me falta.
        Anque me traiades como un santo en palmas
    e que me poñades tódalas galas
    e que me levedes á corte de España,
    ña madre querida, non sei que me falta.
        E anque me dés ouro, e anque me dés prata,
    diamantes e alxofres, pelras e esmeraldas
    e canto hai no mundo, non me dades nada,
    porque, ña madriña, non sei que me falta.
    Da esperanza hermosa cortáronme as alas,
    e n’hai alegría si n’hai esperanza.

Comments are closed.