¡Como lle doi a ialma,
pero canto lle doi!
De día nin de noite
non para ca delor.
¡Señor, vó-la fixeche;
Señor, curaina vós!
I o corazón ferido,
tamén ¡canto lle doi!
I eu ben sei que non pode
sandar do corazón.
¡Señor, daille descanso
na terra que a criou!
¡Que o polvo torne ó polvo,
i o esprito ó ceu, bon Dios!