Sempre pola morte esperas

        Sempre pola morte esperas,
    mais a morte nunca vés;
    ¡coitado!, ¿pensas que as penas
    poden matar dunha vez?
    Nunca, que son coma o hético:
    tras de roer e roer,
    so deixan un corpo cando
    xa non ten qué comer nel.
            Cando a iaugua das penas
    se reverte na copa sin medida,
        soio é remedio a morte
        para curar da vida.

Comments are closed.