TAN SOIO

                Os dous, da terra lonxe
    andamos e sufrimos, ¡ai de min!
    Mais ti tan soio te recordas dela,
            i eu, dela e mais de ti.
        Ambos errantes polo mundo andamos
    i as nosas forzas acabando van.
    Mas ¡ai!, ti nela atoparás descanso,
    i eu tan soio na morte o hei de atopar.

Previous Post
Comments are closed.