Airiños, airiños aires

      Airiños, airiños aires,airiños da miña terra;airiños, airiños aires,airiños, levaime a ela.      Sin ela vivir no podo,non podo vivir contenta;que adonde queira que vaia,cróbeme unha sombra espesa.Cróbeme unha espesa nube,tal preñada de tormentas,tal de soidás preñada,que a miña vida envenena.Levaime, levaime, airiños,como unha folliña seca,que seca tamén me puxoa callentura que queima.¡Ai!, si non me […]

Eu ben vin estar o moucho

      Eu ben vin estar o mouchoenriba daquel penedo.¡Non che teño medo, moucho;moucho, non che teño medo!               I       Unha noite, noite negracomo os pesares que eu teño,noite filla das sombrisasalas que estenden os medos;hora en que cantan os galos,hora en que xemen os ventos;en que as meigas bailan, bailan,xuntas co demo pirmeiro,arrincando verdes […]

Adiós, ríos; adiós, fontes

      Adiós, ríos; adiós, fontes;adiós, regatos pequenos;adiós, vista dos meus ollos:non sei cando nos veremos.      Miña terra, miña terra,terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantei,      prados, ríos, arboredas,pinares que move o vento,paxariños piadores,casiña do meu contento,      muíño dos castañares,noites craras de luar,campaniñas trimbadorasda igrexiña do lugar,      amoriñas das silveirasque eu lle daba […]

Acolá enriba

      Acolá enribana fresca montaña,que alegre se crobede verde retama,meniña morena,de branco vestida,nubiña pareceno monte perdida,que xira, que corre,que torna, que pasa,que rola e, mainiña,serena se para.      Xa envolta se mirana espuma que saltado chorro que fervena rouca cascada.Xa erguida na puntade pena sombrisa,inmoble cal virxede pedra se mira.A cofia de liñoaos ventos soltada,as trenzas […]

San Antonio bendito

      San Antonio bendito,dádeme un home,anque me mate,anque me esfole.      Meu santo San Antonio,daime un homiño,anque o tamaño teñadun gran de millo.Daimo, meu santo,anque os pés teña coxos,mancos os brazos.      Unha muller sin home…¡santo bendito!,é corpiño sin alma,festa sin trigo,pau viradoiroque onda queira que vaiatroncho que troncho.Mais, en tendo un homiño,¡Virxe do Carme!,non hai mundo […]

Vinte unha crara noite

              I       Vinte unha crara noite,noitiña de San Xoán,poñendo as frescas herbasna fonte a serenar.E tan bonita estabascal rosa no rosalque de orballiño frescotoda cuberta está.Por eso, namorado,con manso suspiraros meus amantes brazosboteiche polo van,e ti con dulces ollose máis dulce falar,meiguiña, me emboucastesen prácido solás.As estreliñas todasque aló no espaso están,sorrindo nos mirabancon […]

Campanas de Bastabales

Normal 0 21       Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades.               I       Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar.         Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, e das entrañas me doio.         Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida […]

Quíxente tanto, meniña

Normal 0 21       "Quíxente tanto, meniña, tívenche tan grande amor que para min eras lúa, branca aurora e craro sol; augua limpa en fresca fonte, rosa do xardín de Dios, alentiño do meu peito, vida do meu corazón." Así che falín un día camiñiño de San Lois, todo oprimido de angustia, todo ardente de […]

Díxome nantronte o cura

Normal 0 21       Díxome nantronte o cura que é pecado… Máis aquel de tal fondura ¿como o facer desbotado?         Dálle que dálle ó argadelo, noite e día, e pensa e pensa naquelo, porfía que te porfía…         Sempre malla que te malla, enchendo a cunca, porque o que o diancre traballa […]

Un repoludo gaiteiro

Normal 0 21       Un repoludo gaiteiro, de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, antre os mozos o primeiro e nas siudades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar.         Sempre pola vila entraba con aquel de señorío; sempre […]