All posts in category Cantares Gallegos

¿Que ten o mozo?

                    I             ¿Que ten o mozo?            ¡Ai!, ¿que terá?      Ponme agora unha cara de inverno,despois na fiada, ¡sonrisas de tal!Quer que baile con el no muíño,i aló pola vila nin fala quisais.            ¿Que ten o mozo?            Pois… ¿que terá?       Unhas veces, canciño de cego,por onde eu andare seguíndome vai;nin hai […]

Meniña, ti a máis hermosa

      -Meniña, ti a máis hermosaque a luz do sol alumbrara;ti a estrela da mañanciñaque en puras tintas se baña;ti a frol das froridas cumbres,ti a ninfa das frescas auguas,ti como folla do liriobranca, pura e contristada.¿Quen eres, fada sin nomede tan dormentes miradas,de tan dorida sonrisa,de feituriña tan cándida?¿Quisais de muller nacechessendo tan limpa […]

Aló no currunchiño máis hermoso

          A Roberto Robert, redactore            da Discusión, a quen lle gustan           os contos i o gallego.                      I       Aló no currunchiño máis hermosoque a luz do sol na terra alomeara,veiga frorida e prado deleitosoque aos campiños do Edén se acomparara;aló onde o Sar soberbo e caudalosoparace que se dorme e que se […]

Queridiña dos meus ollos

      Queridiña dos meus ollos,saberás como estou vivonesta vila donde adoitodende que cheguín de Xinzo.Saberás como a Dios graciasi ó escapulario benditonon afogamos no marecomo coidaba Xacintoque é tan valente, abofellas,como os alentos dun pito.Saberás como dempoisme puñeron moi vestidocon roupa azul e amarela,cal andan tódolos quintos,e logo todos xuntados,inda máis de vintecinco,nos paseamos polas […]

Castellana de Castilla

      Castellana de Castilla,tan bonita e tan fidalga,mais a quen para ser feraca procedensia lle abasta.Desíme, miña señora,xa que os mostrás tan ingrata,si o meu rendimento homildebascas de enoxos vos causa,pois cando onda vós me achegocuspís con ardentes ansiasi ese mirar de pombiñavolvés en fosca mirada,tornando en sombrisa noiteo día que en sol se baña.En […]

Mais ó que ben quixo un día

      Mais ó que ben quixo un día,si a querer ten afición,sempre lle queda unha mágoadentro do seu corasón.               I       Aló nas tardes serenas,aló nas tardes caladas,fanse máis duras as penasque nas brandas alboradas.      Aló nas tardes sombrisas,aló nas tardes escuras,fanse máis cortas as risas,máis negras as desventuras.      Que non hai sera tranquilapara […]

Non che digo nada…

      Non che digo nada….         Pero ¡vaia!                I       Pasan naquesta vidacousiñas tan extrañas,tan raros feitos venseneste mundo de trampa;tantos milagres vellos,tan novas insinanzas,e tan revoltos alloscon nome de ensaladas,que non che digo nada…      Pero ¡vaia!      Meniña ben vestida,meniña ben calzada,que ten roupa decote,que ten roupa de garda;meniña que ben folga,meniña que anda maja,i […]

Ora, meu meniño, ora

      "Ora, meu meniño, ora,¿quen vos ha de dar a teta,si túa nai vai no muíño,e teu pai na leña seca?      Eu cha dera, miña xoia,con mil amores cha dera,hastra rebotar, meu santo,hastra que máis non quixeras,hastra verte dormidiñocon esa boca tan feita,sorrindo todo fartiño,cal ubre de vaca cheia.Mas ¡ai, que noite che agarda!Mais ¡ai, […]

Pasa, río, pasa, río

      Pasa, río, pasa, río,co teu maino rebulir;pasa, pasa antre as froliñascolor de ouro e de marfil,a quen cos teus doces labiostan doces cousas lles dis.Pasa, pasa, mais non vexaque te vas ao mar sin fin,porque estonces, ¡ai, probiñas,canto choraran por ti!¡Si souperas que estrañesa,si souperas que sofrirdesque del vivo apartadao meu corasón sentiu!Tal me […]

Roxiña cal sol dourado

AO SR. D. CAMILO ÁLVAREZ E CASTRO,  Chantre da catedral de Salamanca.               I       Roxiña cal sol dourado,garrida cal fresca rosa,iba polo monte hermosaco branco pé descalzado…Copo de neve pousado,deslumbrando á luz do día,tan branco pé parecía.      As longas trenzas caídas,con quen os ventos xogaban,ondiñas de ouro formabanna branca espalda tendidas;apertadas e bruñidas,que espigas […]