Dec 202021
 

Algo que contar? Algo que cantar?

O xurado decidiu outorgar os premios aos seguintes participantes

Categoría Xeral:

As editoras ágrafas, Daniel Chapela

Categoría Centros de ensino:

Cun pé diante do outro. As Fragas do Eume. 

Autores: Xosé Pena Paz, Hadrián Gómez Graña e Iago Eiroa Zas do CPR Compañía de María (A Coruña)

En breve estarán dispoñibles na nosa páxina, na sección Multimedia

Dec 192021
 

O xurado do certame Coreografíate formado por

Xiana Vilas, coreógrafa, bailarina e docente.

e

Sofía Espiñeira, cantautora bailarina e actriz.

decidiu outorgar os premios ás seguintes coreografías:

CATEGORÍA XERAL

1º PREMIO: Et Suseia
2º PREMIO: Marián Veiras

CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO

1º PREMIO: IES Adormideras
2º PREMIO: CEIP Centieiras

Poderedes ver os vídeos na nosa canle de Youtube a partir do día 20 de decembro.

Certame organizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.

Dec 152021
 

O xurado do XX Concurso de relato oral Tíralle da Lingua composto por:

Beatriz Maceda, ensinante e escritora

Emma Pedreira, filóloga e escritora

Xiana de la Peña, bibliotecaria e contadora

Decidiu outorgar os seguintes premios:

Primaria

1º premio “Historia do nome de Chantada”, Teixo Ocaña Moure 5º de primaria, CEIP Xoán de Requeixo

2º premio “A raíña Lupa”, Adriana Landeira Salgueiro e Iria Seoane Villar 6º de primaria, Colexio Manuel Peleteiro 

Primeiro ciclo da ESO

1º premio “Os Chepudos e as bruxas“, Ángela Pérez Vázquez, 2º ESO, IES Aquis Querquernis

2º premio: “Quince minutos”, Lidia Chapel e Carolina López, 3º ESO, IES Breamo

4º ESO e Ensino postobrigatorio

1º premio: “Unha persoa e unha sombra“, Nerea Bernal Fernández, 1º Ciclo Medio de Pastelaría, CIFP Fragas do Eume

2º premio: “Noite de Rolda”, Lucía Castrillo, 4º de ESO, IES Soutomaior

Dec 092021
 

O xurado do XI Certame de Curtas da AS-PG en colaboración co Concello da Coruña constituído por

  • Roi Carballido, produtor Filmika Galaika
  • Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega e guionista
  • Xosé Antón Moure, guionista e realizador

Acordou por unanimidade declarar finalistas desta XI edición do Certame

  1. Na categoría Mellor Curta XI edición

Cidade de uralita de Xandra Táboas Martínez

Imago de Omar Rabuñal Varela

Maroñas de Noelia Papín

  1. Na categoría Centros de Ensino

Intemperiámonos con Xela Arias de Fernando Abreu Fernández. Comunicación audiovisual IES Salvaterra de Miño

Pegadas no camiño de María González Rivas, IES de Poio

Prendamos a luz de Elsa Fernández López, Andrea García Varela e Uxía Veiga López do IES de Arzúa

O acto de entrega de premios será no Fórum Metropolitano o día 20 de decembro ás 6.30 da tarde.

A Coruña, 9 de decembro 2021

Out 272021
 

Concurso de Podcasts

Algo que contar? Algo que cantar?

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza este concurso coa finalidade de fomentar o uso oral do galego en todos os contextos, neste caso utilizando novos medios de comunicación que poden ser canles de divulgación de contidos relativos a calquera tipo de coñecemento. Son formatos novos que poden  potenciar novas formas e procesos expresivos.

Bases do concurso

  1. Os podcasts terán que ser gravacións orixinais que poderán versar sobre calquera tema.
  2. Todo o podcast estará en galego.
  3. Valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista), a comunicación e espontaneidade.
  4. Os/as participantes concursarán individualmente e ou en grupo. Poderán participar cun máximo de tres podcast.
  5. O resultado será unha peza radiofónica gravada nun arquivo .mp3 dunha extensión máxima de 10 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación.
  6. O concurso vai destinado a dúas categorías:

            – Categoría xeral

            – Centros de ensino

  • Os podcasts participantes será publicados na nosa páxina web:  https://www.as-pg.gal/Podcast/ dentro da canle Podcasts 2021.
  • Haberá un primeiro premio de 300 euros para o mellor podcast de cada categoría. Un segundo premio de 200 euros en cada categoría.
  • Inscrición:

            As/os participantes deberán enviar a seguinte documentación

  • Ficha de inscrición con todos os datos requeridos.

http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/FICHA-PARTICIPANTES-Centros-de-Ensino.pdf

http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/FICHA-PARTICIPANTES-CATEGORIA-XERAL.pdf

  • Na categoría de centros de ensino, fotocopia do director/directora e permiso das familias das persoas participantes.

As pezas gravadas deberán ser enviadas ao correo informacion@as-pg.gal. O prazo remata o 15 de decembro.

.

10. Xurado

A AS-PG como entidade organizadora, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecida profesionalidade do mundo da comunicación e da creación.

O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada categoría. Entre esas finalistas estarán as gañadoras.

A composición do xurado farase pública na web da AS-PG. O ditame do curado será inapelable.

11. Entrega de premios

As pezas gañadoras daranse a coñecer despois da deliberación, na web da AS-PG arredor do 20 de decembro. Non haberá acto de entrega de premios presencial pola situación sanitaria na que vivimos.

12. Responsabilidade

A persoa representante da obra será a única responsable legal do podcast.

As obras admitidas poden ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do concurso.

A participación neste concurso supón a aceptación plena destas bases.

A Coruña, outubro de 2021.

Out 132021
 

BASES DO I CERTAME Coreografíate

I.- ORGANIZACIÓN
O Certame Coreografíate da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega.
As coreografías gañadoras  daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal


II.- TEMÁTICA
As coreografías deberán ser realizadas tomando como base un tema musical en galego do xénero que sexa.

No vídeo enviado deberá constar o título e o grupo creador dese tema.

III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1. Os vídeos poderán enviarse por wetransfer a informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi.

No caso de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Coreografía
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña

2. Prazo: os vídeos deberán ser recepcionados na AS-PG antes das 14 horas do 1 de decembro de 2021.

3. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
4. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

5. Os vídeos participantes  poderán ser difundidos a través da páxina web da AS-PG e das súas redes sociais.

6. As gravacións nas que aparezan menores de idade, terán que ir acompañadas do permiso dos e das  responsables legais de ditas persoas menores de idade.

IV. CATEGORÍAS

1. Categoría xeral Mellor Coreografía.

2. Categoría Mellor Coreografía Centros de Ensino.

V. PREMIOS
1. Categoría xeral
– Premio á Mellor Coreografía dotado de 300€  .
– 2º Premio dotado con 200 € + Diploma.


2. Categoría Centros de Ensino
– 1º Premio, dotado cun lote de Cds,  200 € e Diploma.
– 2º Premio, dotado cun lote de Cds, 150 € + Diploma.

VI. INSCRICIÓN
Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación:
* Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha coreografía deberanse enviar tantas fichas como obras.
* Na Categoría Xeral ——
* Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro.

* Ficha de inscrición web http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/fichacoreografiate-1.pdf

entrada Curtas

* Poderá ser enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a

Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Coreografíate
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña

VII. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que designará os traballos gañadores.

Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

O ditame do xurado é inapelable.

IX. RESPONSABILIDADE
A persoa representante da coreografía será a única responsable legal da mesma.

A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.