O Maio. Manuel Curros Enríquez

Aquí vén o maio
de frores cuberto…
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!…

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?…
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Curros Enríquez, Manuel (1996) Aires da miña terra (Vigo: AS-PG)

Luís Emilio Batallán

 

16 replies on “O Maio. Manuel Curros Enríquez”

  1. Ola Xoán, gustoume moito “O Maio” de Batallán, é preciosa. Este blog paréceme unha idea xenial. Agora que aprendo noruego doume conta do bonita que é a nosa lingua.
    Bicos.

  2. Anonymous on

    Un poema e unha canción mítica, fermosísima. Curros lémbranos a situación de explotación do pobo galego naquela altura.

  3. Anonymous on

    Encántame este blog ,, eu son de Palma de Maiorca e antes non me gustaba o galego pero a medida que o estudo gústame máis bicos

  4. Carmen Fernández García on

    a versión que o Consello da Cultura encomendou a Nastasia Zürcher e Adrián Saavedra é unha mudanza de torna e un chamado ao despertar da consciencia colectiva desde o humor, a asertividade, respectando a esencia xenuína do grande poema de Curros e dándolle azos novos. BRAVO!

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *