Santa Maria / Strela do dia. Afonso X

Esta é de loor.

Santa Maria,
Strela do dia,
mostra-nos via
pera Deus e nos guia.

Ca veer faze-los errados
que perder foran per pecados
entender de que mui culpados
son; mais per ti son perdõados
da ousadia
que lles fazia
fazer folia
mais que non deveria.

Santa Maria…

Amostrar-nos deves carreira
por gãar en toda meneira
a sen par luz e verdadeira
que tu dar-nos podes senlleira;
ca Deus a ti a
outrorgaria
e a querria
por ti dar e daria.

Santa Maria…

Guiar ben pod’o teu siso
mais ca ren pera perayso
u Deus ten sempre goy’e riso
pora quen en el creer quiso;
e prazer-m-ia
se te prazia
que foss’a mia
alm’en tal compannia.

Santa Maria…

Afonso X, O Sabio, Cantigas de Santa María, edición crítica de W. Mettmann, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1981.

La Capella Reial de Catalunya/Hespèrion XX – Jordi Savall

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *