Nov 162007
 

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Case morto vivín sen coñecerte
aló na chaira seca por absurdas rúas
onde ninguén me soupo dar mornura.
Foi soedade desconforme adentro
e a semente a caír en terra dura.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Erguinme e vinte ó regresar á terra
como se fora todo aquelo un soño
pesado e ti xa foras sempre miña.
Foi outra vez materno en aloumiño
o bico teu na lingua.
E foi de novo corazón adentro
comprender a existencia e a dozura.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Pero hoxe mesmo o día abriu en medo
entrou na fiestra un sol extraño inmenso
e deixáchesme o leito en mantas frías.
Está a volver agora corazón adentro
a soedade o podre a agonía
a me pinchar as cousas en millóns de pugas
cada minuto en séculos de agullas.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Graña, Bernardino (1980), Se o noso amor e os peixes… (Vigo: Edicións Xerais)

Suso Vaamonde

 Posted by at 14:14

  6 Responses to “¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?. Bernardino Graña”

  1. Esta genial a cancion! Encantamee ! =)

  2. que canción tan fermosa

  3. Dun autor como Bernardino Graña e dun músico coma Suso Vaamonde só pode sair unha canción tan fermosa coma ésta.

  4. fermosa canción

  5. Esta páxina é unha xoia. Grazas por tanto que a disfruto. Grazas.

  6. Encuentro cierto parecido con la canción de Imanol: “Es lo que llaman en el mundo ausencia”¿Alguien me podría explicar?

    Una vez ví en la TVG un programa de exiliados (¿O eran emigrantes?)gallegos. Aparecian en primer plano los rostros de una pareja de personas ya mayores-hombre y mujer-cuyos rostros tallados por el tiempo parecian guardar todos los secretos y todas las claves de la experiencia humana. La cámara recogía con morosidad la expresión apacible de aquellos rostros mientras paseaban por aquel parque algo parecido a una “tregua melancólica”. El tono sentimental de la escena lo apuntaba la canción de Suso Baamonde.
    Siempre que iba a Ourense preguntaba en las tiendas del ramo por a1quella acanción, dando como indicio únicamente el título “Como hei vivir…etc.” Nunca pude encontrarla y nunca la olvidé. Y siempre que algo querido se aleja-o me asalta el terror de su pérdida-la vieja canción y sus imágenes me pueblan el cerebro.
    No hace falta decir la alegría que me produce encontrarla ahora en este blog.
    Con agradecimiento infinito a quien la haya in sertado, saludos.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)