Nov 232007
 

Escoita, irmau, as miñas verbas:
son sinxelas e impuras
como as verbas feridas
co coitelo dos beizos, cada día.

Vouche decir tan só que teño
a miña mau tendida,
aberta, núa e viva como o mar.

Que teño, irmau, maduro o corazón
pra gardar nel as verbas túas.

Que a vida é moi fermosa
aínda que hai homes
que teñen os beizos emporcados
con verbas de falsía,
i o corazón podre polo odio,
i as maus pingando sangue,
i agachados, no fondo dos seus petos,
en vixía,
coitelos e pistolas asesinas.

¿Que importa, irmau, que morra o día
si a súa morte
abre en nós a espranza do mencer?

Non temas.
Aínda o paxaro ten canciós
i as estrelas se alcenden cada noite.

Manuel María, Mar Maior en Antoloxía Poética, edición de Camilo Gómez Torres, Vigo, AS-PG, 1997

Versión de A Quenlla

 Posted by at 18:16

  3 Responses to “Verbas a un irmau. Manuel María”

  1. Que preciosa!! É unha verdadeira gozada escoitar estas cancións, para poder erguerse e facer desta Galiza nosa un país de fraternidade, de IRMAUS!!

  2. O poema de Manuel María é moi bonito

  3. ¡¡¡”A poesia enchiume de felicidade e recordos encantoume”!!!
    Pero a cancion desagradoume a o meu pesar.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)