Feb 012008
 

Pois naci nunca vi Amor,
e ouço d’el sempre falar.
Pero sei que me quer matar,
mais rogarei a mia senhor
que me mostr’aquel matador,
ou que m’ampare d’el melhor.

Pero nunca lh’eu fige ren
por que m’el aja de matar,
mais quer’eu mia senhor rogar,
polo gran med’en que me ten,
que me mostr’aquel matador,
ou que m’ampare d’el melhor.

Nunca me lh’eu amparei,
se m’ela d’el non ampar;
mais quer’eu mia senhor rogar,
polo gran medo que d’el ei,
que me mostr’aquel matador,
ou que m’ampare d’el melhor.

E pois Amor á sobre min
de me matar tan gran poder,
e eu non o posso veer,
rogarei mia senhor assi
que me mostr’aquel matador,
ou que m’ampare d’el melhor.

Nuno Fernandez (Torneol?)

Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro – Xunta de Galicia).

Legião Urbana
*A mítica banda de rock brasileira Legião Urbana (1982-1996) ponlle música á primeira estrofa desta cantiga de Nuno Fernandez (Torneol?) na canción “Love Song” do seu disco V (1991)

 Posted by at 22:05

  One Response to “Pois naci nunca vi Amor*. Nuno Fernandez (Torneol?)”

  1. Con esta canción se me han hecho los sueños realidad.:)

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)