As froliñas dos toxos. A. Noriega Varela
¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.
Dos toxales as tenues froliñas,
que sorríen, a medo, entre espiñas.
Entre espiñas que o ceio agasalla
con diamánte-las noites que orballa.
¡Oh do iermo o preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.
De ouro vello son, mai, as froliñas
dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!…
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1994): Antonio Noriega Varela. Estudo e edición da obra completa. (Lugo: Deputación Provincial de Lugo. Servizo de publicacións)
Bo traballo!
marabillosa interpretación