Poisque todo o que arde devén cinsa.

"...
polvo serán, mas polvo enamorado"
     Francisco de Quevedo

Poisque todo o que arde devén cinsa,
ardamos máis aínda pese á morte
e sexa a cinsa cinsa namorada
e escura primavera dende o fume.

Tal vez a eternidade non exista
para os que miden a rota da prudencia,
para os que coutan a dimensión do bico,
para os que marcan o ritmo do latexo.

Sexa loucura, o berro, a gargallada.
Sexa o abraio, sexa o terror da noite.
Sexa a morte, xa que é precio da vida.
Sexa a cinsa, xa que é herdo do lume.

1989

Marica Campo (1992). Tras as portas do rostro. 
(A Coruña: Bahía Edicións)

Tino Baz

One reply on “Poisque todo o que arde devén cinsa.”

Deixa una resposta a Paz Tecno Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *